Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Testamento aberto (10)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 25 de noviembre de 2025
¡Estou pouco menos ledo que se me ordenasen de Cura! Aprobei terceiro de Bacharel, licenciáronme antonte, e..., veño de empregarme! Isto de agora é tan importante que tamén o vou apuntar..., por se algún día teño a quen contarllo!

Se hai milagres, este foi un; o que non sei é a quen llo debo: se exclusivamente ao Brigada Von Papen, ou a meus pais que me puxeron nas súas mans, desde o Ceo. Cando lle dixen que se me acababa o prazo, pero que estaba na agonía, que non tiña oficio nin beneficio, díxome:

-¿Olvidaste el alemán?

-¡Nein, mein Herr!

-Vuelve cuando te den la cartilla con la licencia. Y ahora déjame, que tengo que hacer una llamada.

¡Volvín, de inmediato; vaia se volvín!

-¡A sus órdenes, mi Brigada!

-¿Tienes la licencia?

-¡Si, señor, aquí está!

-Pues págate una fonda, hasta el domingo, que ese día tienes que ir conmigo a Tánger.

Nin lle preguntei a que, nin para que, de tanta fe que teño no alemán. De chegados a Tánger entramos nun hotel deses de desmaiarte polo luxo que alí tiñan. O Brigada, que aínda non me dera ningunha explicación, nin eu lla pedira, mandoume sentar nunha daquelas butacas Chester do vestíbulo, e el subiu no ascensor, para baixar aos poucos cun señor elegantísimo:

-Herr Glatt, aquí le tiene, que no sólo es corpulento, y culto, sino que domina todo tipo de artes marciales. ¡La Legión acaba de perder un buen legionario!

O señor miroume como un lobo a unha ovella; ou, polo menos, esa foi a sensación que tiven.

-Wie heissen Sie?

-A sus órdenes, mein Herr! Me llaman Jorge...

-Ni que fueses inglés! –Díxome o señor aquel, para seguir, aínda que agora en perfecto castelán:

-Soy Glatt, Herr Glatt, y aquí el amigo Von Papen me dijo que buscas un empleo. Yo soy hombre de negocios, aviones, y todo eso; ¿aceptarías ser mi Wachmann?

-Lo que usted mande, mein Herr!

-Cuando no viajemos, guardarás mi casa, en Berna, Suíza!

-Lo que usted mande, mein Herr! -Que non me atrevín a dicirlle outra cousa, e menos a preguntarlle canto me ía pagar.
Testamento aberto (10)
-¿Habéis traído su equipaje?

-Sí, señor, le tengo aquí, todo en esta maleta, que ya estoy licenciado...

Metendo man na súa sobaqueira retirou unha automática, unha Luger Parabellum, co seguro posto, e deuma, engadindo que xa me daría a sobaqueira, noutro momento.
Testamento aberto (10)
Despois diso ordenoulle ao conserxe que me asignase unha habitación, e aquí estou, nela, escribindo esta última anotación, pois mañá mesmo saímos para Berna, ¡no propio avión de Herr Glatt!

Meu querido, meu inesquecible Von Papen, que Deus cho pague, pois eu, nin caéndome a lotería!

-.-

Querido lector, que opinión vas tendo do amigo Xurxo? ¡Eu, pola miña parte, do mellor; da Meda tiña que ser, que ata me fai evocar aqueles defensores do Medullius! Cando volveu polo Banco, que agora vén menos, entretido como está na mestría das súas obras, o primeiro que lle dixen foi:
-A túa historia de África xa a sei, que a relín tres veces, e séntome incapaz de distinguir se a lin ou a soñei... ¡Cousa tal! Pero iso intrigoume para coñecer as túas andanzas por Suíza, as sucesivas, que nos teus papeis dis que te fuches de gardacostas daquel..., daquel Herr Glatt, ese dos avións, e a min dixérasme que estiveches nunhas obras, lousando, ou tanto así!

-Falaremos diso cando vaia pola túa casa, e mellor se me invitas un domingo, pois as miñas aventuras son longas, de vivilas pero tamén para contalas. Se non chega cun festivo, iremos pouco a pouco, ata que me digades, a túa señora e máis ti, que xa está ben de aventuras, pois as miñas avultan máis cás do Quijote!

-¿Un domingo…? Precisamente este, este domingo, non estamos, que imos a Castroverde, que teño que arranxar un asuntiño dunhas leiras que comprei..., en Montecubeiro!

-¿Compraches leiras? ¡Ai, ho, se che valesen as que aínda teño eu, na Meda...?

-¿Non vendiches?

-Nin vendín, nin vendo, que para malvendelas, regáloas! A casiña seica está derruída, e as leiras..., xa nin saberei cales son!

-¿Terás os papeis do Catastro...?

-¡Iso, si, e algo de contribución tamén pago, pois cando me amañaron a Sucesión de miña nai, que se ocupou diso o Párroco, encargueille que me abrise unha conta en Lugo, para os recibos, e de cando en vez mandei algo, pouco, con tal de que non devolvesen os recibos!

-Se te levo connosco a Castroverde, que alí, en cinco minutos falo co señor das leiras, e despois quedo libre, comemos o polbo, e á volta vimos pola Meda...

-¿Pola Meda, desde Castroverde...?

-Iso dixen.

-¡Ai, Deus, que non o vou resistir! Acéptoche encantado, pero cunha condición: Que me prometas non presentarme a ninguén, nin en Castroverde nin na Meda, e como estou tan vello e tan canoso, xa ninguén se acordará de min! ¡De ti depende que non me volva tolo, que ata non sei se vos poñerei nun apuro, que igual non o resisto!

-¿O que, o polbo, ou a emoción?

-¡Por favor, déixate de bromas, que ti tamén andaches polo mundo, e supoño que algo sabes diso, da emoción de volver...; como dicía aquel ourensán da Lexión, Ao escenario das miñas xestas infantís!

-¿Xestas? ¡Tera-las nas túas leiras!

-Ben sabes que falo das outras.
Fomos, a miña dona, eu, e mailo Xurxo, pois os meus fillos ían en sendas viaxes de fin de Curso. En canto ao das emocións haberá que referilo con parsimonia, que non houbo desmaios pero pouco faltou.
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES