Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amancio Prada

Xiz, Xulio - jueves, 30 de octubre de 2025
Na casa, somos devotos de Amancio Prada desde hai máis de medio século; desde os tempos en que Darío Xohán Cabana me contaba que andaban os dous polos colexios universitarios de Madrid, verso a verso, facendo patria.

Darío, xaora, facia patria co galego, e Amancio tamén, que se era do Bierzo, a chamada Galicia irredenta, sen esquecer outros autores, tiña por norte Rosalía, e anda a cumprir agora os cincuenta anos do seu gran e primeiro disco rosalián.

Xa que en Burela abría a sùa xira de celebración, a Burela fumos, para comprobar que hora e media de recital máis uns segundos de conversa, proporciónanme un choque vitamínico que conforta o espírito.

Neste eido do confort anímico acostumbro a automedicarme, e Amancio, xunto con Mero e Mini que xa teñen nome de Auditorio, proporciónanme unha estabilidade, que redondeo con outras querencias, para ir tirando dentro dun ambiente musical que cada vez máis se me escapa.

A Amancio témolo (per)seguido por boa parte da xeografía galega desde hai anos. E sempre é sorpresa grata reencontrarnos para lembrar que lle organicei un par de concertos en Lugo hai agora corenta anos, dos que quedou moi contento e os lucenses máis, por coñecer en vivo e en directo o gran cantor berciano convertido ao noso por amor a Rosalía.

Amancio segue en pé de canción, cun espectáculo amancio-rosalián, coas cancións de sempre e outras de nova creación, que conquistan a un público xa previamente entregado -devotos pola súa música-, e que a min paréceme que en todos produce ese efecto benefactor que, a falta de outra denominación técnica, hai que incluilo entre as vitaminas naturais.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES