Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pensionistas

jueves, 01 de octubre de 2009
Son un dos sectores máis perxudicados pola crise salvase que nos afecta. E en Galicia existen máis de 700.000, dos que máis de 250.000 cobran as pensións mínimas.

Hai que recoñecer a preocupación das institucións polas contías das pensións, que non se patentiza nos importes cos que teñen que vivir os que despois dunha vida de traballo non poden nin con moito chegar á categoría de mileuristas.

Galicia segue a ter as penións máis baixas de España, cun promedio de 630 euros por pensionista. Corresponden 517 euros ás pensións dos autónomos, 919 ó rexime xeral, e 949 os de incapacidade permanente.

O goberno propón para o próximo ano unha subida dun un por cento para as pensións, que sería do dous por cento para as pensións mínimas. Cifradas en euros contantes e soantes, significa que as pensións ós galegos aumentarán entre os cinco e os nove euros. As porcentaxes son frías, pero os importes das subida son moito máis xélidos.

Pode ser que, como aseguran economistas e goberno, o custo da vida teña baixado e eso repercuta nas nosas economías aínda que non o notemos. E pode ser que, sumado a eso, ese importe miserable permita ós pensionistas notalo nas súas difíciles economías. Algo é algo?.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES