Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estaleiros de David, Foz

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 13 de noviembre de 2025
Os estaleiros de David del Riego Álvarez, naceron na casa de Carmen López (de Aganchas) preto da salón Bahía (descoñezo o ano).

Desde alí eran trasladadas as lanchas ata o mar por mediación de rolos de madeira os cales previamente untaban de sebo para que esvararan.

Sobre de 1940, este estaleiro pásase para a casa de Granada García Aguiar, viúva de Julio Alonso de conservas Galbán e pouco tempo despois hai un novo traslado ao Campo da Cabana.

Finalmente, e para ter o mar máis preto, faise un novo traslado, nesta ocasión á zona de Tupide xunto á praia da Rapadoira entre 1950 e 1952.

David del Riego construíu barcos tales como: Hnos. Quintanero 1964, Decano 1965, Jesús Divino e Nuevo Gavilán del Mar en 1966.

Debemos destacar, que cando a botadura do Decano en 1965, este tiña que ser remolcado polo Quintanero, pero un fallo no amarre fixo que o Quintanero chocara contra o faro da Rapadoira e estivo a punto de morrer un mariñeiro que caeu ao mar entre o barco e o muro.

Despois da xubilación de David del Riego Álvarez en 1974, o seu fillo José Mª del Riego López (Pepe de David) proseguiu a súa obra construíndo varios barcos. Aínda que compre destacar que o seu fillo Pepe xa comezou eses traballos en 1967.

Destacamos a: Hidalgo 1967, Pena da Rapadoira 1968, Hnos. San Juan 1969, Nuevo Pino Ladra 1971, Nuevo Playa de Cillero e Otero Lage en 1973.

Anos máis tarde, este estaleiro foille traspasado a Francisco Labrada Pedreira (Colorín) o cal o explotou como taller de carpintería.

Estaleiros de David, Foz
Estaleiros de David del Riego.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES