Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estaleiros de Santiago da Puebla, Foz

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 06 de noviembre de 2025
Os estaleiros de Santiago Pérez Mariño (Santiago da Puebla) foron fundados máis ou menos en 1956 na súa propia casa do Campo da Cabana e máis tarde trasladouse á zona coñecida por Tupide onde anteriormente estivo a fábrica de conservas de Don Luís Gutiérrez que foi pasto do lume o día 9 de agosto de 1939.

Nestes estaleiros construíronse diversos barcos de pesca destacando o "Centauro" que foi o de maior envergadura.

Compre destacar outros barcos construídos por Santiago, como por exemplo: "Enrique José", "Ría de Vivero", "Preguntoiro", "Río Landro", "Hermanos Basanta" ou "Hermanos Villarmea" entre outros.

Non só construíu barcos para Foz, se non tamén para outras localidades, como: "Preguntoiro" para Ribadeo. "Álvarez Linares", "Ría de Vivero", "Río Landro", "Hnos. Basanta" e "Hnos. Villarmea" para Viveiro. "Villa de Llanes", "Eloína", "Luisa Mari" e "Playa de Abascal" para Llanes. "Monterrey" e "Adolfin" Para Lastres (Asturias) e "Flor de Ríos" e "Hnos. Guerra" para Cariño.

Cóntanos Santiago unha anécdota moi curiosa dunha das súas botaduras.

"Cando a botadura do pesqueiro Enrique José, que era a estrea como o barco máis grande, tiven que construír unha ponte para poder botalo.

Tras facer tódalas probas que crin necesarias, e digo crin por que eu era o único que confiaba en que a ponte aguantaría, pois mesmo dous técnicos de motor que viñeran de Francia para colocar a liña do eixo de cola, non a quixeron poñer por que pensaron que era unha perda de tempo.

A pesar de que me daba a risa tanta desconfianza, eu mesmo comecei a dubidar do proxecto, pero arroupado e animado polo meu entrañable amigo Jesús Nécega (Suso de Juan María) que sempre me acompañaba nas botaduras, decidinme a facelo.

Decidinme e solteino, colleu velocidade, pero un pequeno freado antes de caer ao mar fixo que o Enrique José ofrecese aos presentes incrédulos o "saúdo" máis precioso que barco deu na historia.

Nota: Ao caer un barco ao mar na súa botadura, a proa sube e baixa ao mergullarse no mar e volver a emerxer a xeito de "saúdo".

En 1974, traspasoulle o estaleiro a Pedro Fraga (Pedro de Aurelia).
Estaleiros de Santiago da Puebla, Foz
Estaleiros de Santiago Pérez (da Puebla)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES