Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Tauromaquia en Franca decadencia

Rubia, Xoan - miércoles, 29 de octubre de 2025
Ninguén dubida xa que a tauromaquia esta en declive neste país tan devoto que foi de Frascuelo e de María como ten dito una vez o insigne Antonio Machado, que dixo tamén que en España de dez cabezas nove turran e unha pensa, e o mesmo quedou curto. A Tauromaquia en Franca decadencia Pero ao marxe do que pensaba o insigne poeta o certo é que hoxe en día foise reducindo o número de cabezas que encornan na defensa deste circo ata o punto de faceren que a festa dos touros estea en franco declive e paréceme moi ben, me tranquiliza, porque sempre estiven en contra da utilización do sufrimento dos animais en espectáculos públicos, máis nas corridas de touros onde o resultado é a tortura ata provocar a súa morte. Certo é que senlleiros personaxes como por exemplo Pablo Picasso ou Federico García Lorca foros entusiastas defensores da chamada "festa nacional" e isto só demostra unha cousa: que ninguén é perfecto.

Este asunto non debe estar incluído no chamado Patrimaonio Cultural: é unha tradición desas das que se pode prescindir o mesmo que se prescindiu de tirar cabras dende os campanarios ou do chamado "touro de Tordesillas". A todo iso convén quitarlle o epígrafe de cultura e tamén o de "mestre" ao toureiro, que xa lle vale ho!

Hai datos que amosan un franco declive da tauromaquia neste país; unha enquisa de Sigma2 di que un 78% da xente non mostra interese pola tauromaquia. No Congreso dos Deputados foi rexistrada unha iniciativa lexislativa baixo o epígrafe de "No es mi cultura" con máis de 700.000 sinaturas.Tratábase con ela de suprimir o carácter de patrimonio cultural co que está investido este espectáculo. Pois ben, foi rexeitada cos votos en contra de Vox e do PP e a abstención do PSOE malia que a tendencia é que os touros teñen menos aceptación nos votantes de esquerda que nos de dereitas. Non entendo esa abstención, pero o que si amosa é que os representantes da cidadanía poden faceren o que lles pete coa Iniciativa Lexislativa Popular poñendo en evidencia que a democracia directa apenas ten implantación neste país malia que a Constitución promove a participación directa da cidadanía nos asuntos públicos. Pura ciencia ficción.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES