Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 30 de octubre de 2025
A distancia do Si ó Non

Quixen medir a distancia que vai do si ó non e... perdinme. Non porque tal distancia fose enorme, senón por non saber moi ben como medila, como controlala. Unhas veces semella curta e outras parece longa. Do si ó non pode haber un suspiro, un latexo, como pode haber toda unha eternidade, todo un mundo.
A maioría das veces dicir si é tan fácil como dicir non. E viceversa. Aínda que, eu, son máis partidario do si. Practicamente lle digo si a todo e a todos. Coma os parvos. E en certos casos non me importa confesar que son parvo. De cando en vez fágoo por comodidade. O de dicir si, digo. Á xente, se lle dis que non, ata pode emperrencharse, poden mirarte mal e mesmo deixarche de falar. Se lles dis que si, non tardan en amosar sorrisos amigables e soltar palabras de agarimo. Recoñezo que moitas veces fago uso do si chamado de comenencia. De comenencia para os meus intereses e para os interlocutores. O positivo sempre lle ganará ó negativo. Polo menos ese é o noso desexo.
Outras veces dígolle a todos que si para que non me maten a cabeza querendo saber o motivo do non. É o mesmo que cando me preguntan un que tal. Sempre digo ben. Se digo mal hai que escribir moitos versos para completar o poema, dar moitas explicacións. Sempre é máis fácil dicir si que non.
Non obstante, ás veces non queda outra que usar o non. Aínda que non guste. Aínda que perdas amizades e familiares. Aínda que, ó final, erres na medida. Na medida da medición e na medida da opción. Si, é moi difícil dicir que non, pero... Pero cada un que cargue coas súas culpas e que apande coas súas conciencias.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES