Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ourensalia: Trascenden os detalles

jueves, 01 de octubre de 2009
Transcenden os detalles e, aínda tomándoos coas reservas propias de quen intúe filtracións que responden a determinados intereses da defensa, o corpo dun pai estremécese.

¿Realmente, somos conscientes dos camiños polos que transitan os nosos fillos cada noite, mentres nós nos dedicamos tranquilamente a ver a televisión ou a entreter o noso ocio con calquera outro divertimento?

Din que non hai dor máis aceda na vida cá de vivir a traxedia de ter que darlle terra a un fillo. E eu non dubido da certeza desta máxima. Ora ben, máis ferintes -se cabe- cá propia traxedia, poden seren aínda as circunstancias que envolven á traxedia mesma, se tal como relatan os xornais, neste caso aconteceron diante dos mesmos ollos duns pais que non tiveron oportunidade de coñecer máis alá do ámbito do fogar, as dobres vidas que agora empezan a descubriren con toda a proente crueza, que levaban os seus fillos.

Cántas preguntas pasarán polas súas cabezas, agora, á velocidade do lóstrego. Cantos latigazos de “mea culpa” flaxerarán nos seus silencios ós catro, por non teren sido quen de intuír algún detalle ou por non ter logrado avistar algunha faísca de luz que desvelara a antesala do precipicio para poder colocar, cando menos, algunha valla protectora.

Tense falado abondo de que o municipio de Toén vivirá durante moito tempo baixo o estigma da fractura social, pois é evidente que no fondo os pequenos concellos son como grandes familias e nesta triste historia, os bos e os malos -é dicir, a víctima e o verdugo-, forman parte desa mesma “gran familia”, polo que, sen dúbida, a carga de dor que sempre porta o alustro do drama vaise ver exponencialmente multiplicada ata límites que polo de agora non se dan intuído.

Por iso eu hoxe quero solidarizarme con dous homes e dúas mulleres -catro pais, en definitiva- que acaban de seren inxustamente condenados pola vida a unha pena que non ten redención posible: O incurable sentimento de culpa.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES