Deixémonos de lamentacións
							Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 30 de octubre de 2025
							  Todos sabemos que no mundo hai moitos problemas.
Hóuboos, hainos e haberaos mentres o mundo sexa mundo porque os humanos cometemos moitos fallos debido á nosa natureza limitada.
Precisamente porque somos limitados, non nos damos conta das nosas limitacións.
Se poñemos o acento nas limitacións estaremos sempre lamentándonos.
Se miramos os aspectos negativos da vida, estaremos sempre queixándonos.
Ve-los defectos é moi doado, poñer remedio, non tanto A natureza humana é así.
Non é que non haxa motivos pero
¿QUE GAÑAMOS CON LAMENTARNOS?
Nada, como non sexa perder o tempo.
Por moito que nos lamentemos, se non poñemos mans á obra
MELLOR MIRAR O FUTURO CON PERSPECTIVAS ALENTADORAS:
Se botamos unha ollada ó pasado, veremos que:
-Sempre houbo guerras.
-Sempre houbo desfase xeracional.
-Sempre houbo incertidume.
-Sempre houbo problemas
Cada época ten os seus propios problemas.
A actual non está sen eles.
TEMOS UNHA XERACIÓN NO AIRE
As xeracións anteriores pasárono moi mal e fixeron o imposible para que esta xeración non padecera tanto como a súa.
Fixérono coa mellor das intencións; pero cometeron o erro de non preparala no tocante ó espírito de sacrificio, de modo que:
-Resúltalle moi difícil emanciparse: fano cada días máis tarde e os anos bótanselle encima.
-Fundan hoxe unha familia e mañá xa din que se acabou o amor:
Un por aquí, o outro por alí, os fillos, se os hai, dun lado para outro sen estabilidade, con malos exemplos...
-Para non sacrificarse criando un fillo, collen unha mascota que gasta menos e dá menos traballo.
E din que as mascotas son "os seus fillos".
Veremos se lles chaman a ambulancia cando enfermen.
Veremos se lles camban a cama cando eles nos poidan.
Veremos se lles fan unha infusión...
Estamos creando unha sociedade de "seniors" e xa veremos como acaba a cousa.
ESTAMOS VENDO COUSAS ASÍ:
-Cando un pai ou unha nai se pon no seu sitio, os fillos din que os maltratan física ou psicoloxicamente.
-Cando un/ha mestre/a esixe o que ten que esixir, din que é anticuado, que é insoportable, que os trata mal.
Non pensan que é o/a mestre/a esixente quen prepara para que haxa bos médicos, bos mestres, bos abogados, bos sacerdotes, bos profesionais de todo tipo.
-Cando un sacerdote lles di que teñen que ir dous anos á catequese para facer a primeira comunión, dín que é moito tempo.
Deberían estar agradecidos e continuar a formación relixiosa gratuita como membros activos do Corpo Místico de Cristo para aprender a ser persoas de ben, comportándose como irmáns.
-Cando os anciáns empezan a dar traballo por lei de vida, os novos quéixanse porque non poden ir de vacacións, non poden viaxar, non poden saír da casa...
¿Qué pasará cando se encontren eles mesmos coa ancianidade?.
- Cando encontran un traballo que esixe erguerse cedo, déixano porque din que non esán dispostos a sacrificarse.
Prefiren vivir coa "paguiña" que lles dá o estado á costa dos que traballamos.
-Cando un profesional sanaitario, despois de facer canto está ó seu alcance, non consigue curar unha enfermidade...
Hai quen di que foi por un fallo médico.
¿É esa a maneira de levantar un país?
OS TEMPOS ACTUAIS ESIXEN MOITA ENTREGA
-Poñerse ó día ten un prezo.
-A calidade de vida, tamén
-Hai que estudiar máis que nunca.
-Hai que recibir unha preparación para todo: profesión ou oficio.
-Hoxe en día hai que estudiar para todo. Absolutamente para todo
-O que algo quere, algo lle costa.
-Quen queira ter calidade de vida terá que sacrificarse por conseguila agás no caso de que viva de rendas.
E se non, quédase no foxo da vida.
-Gratis: só a gracia de Deus e aínda hai quen a rexeita.
"O SACRIFICIO TEN PREMIO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
							
							
Cachaza Platas, Mercedes
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora