Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 29 de octubre de 2025
O mandilón das avoas

Déixome levar pola música de Vangelis, mais caio na conta de que non me movo, de que sigo aquí. E sigo pensando nos dous vídeos que acabo de recibir e que circulan por unha rede social sobre os mandilóns das avoas. Semella que a alta costura bota man deles para que as modelos os amosen nas pasarelas. Non sei se é realidade ou unha broma. En principio, falando das súas cores, das súas formas, das súas características e sinalando un para as señoras que gardaban loito, e como só tiña de negro as ombreiras, dixo que a eses mandilóns lles chamaban "de alivio". O de alivio fíxome rir. Pingas de Orballo
Repito, non sei se os vídeos son de broma ou son reais, pero o que si sei é que esa peza de roupa merece máis que pasarelas, modas e alta costura. O mandilón (tamén o mandil) para a muller galega -si, máis a da aldea que a da cidade-, representa a esencia, a utilidade nas súas labores ou tarefas domésticas, caseiras.
Penso que o mandilón das avoas (o de avoas é un dicir, pois aínda hoxe é unha prenda que seguen usando avoas, nais e fillas) era incluso de máis utilidade que a que pode ser a famosa funda para certas profesións. O mandilón (peza de roupa ampla que se pon, xeralmente, por riba da roupa e que pode ser aberta por detrás ou levar botóns por diante) ou o mandil (peza de roupa que, atada á cintura e ás veces tamén ó pescozo, se pon sobre a outra roupa para non manchala por diante), non só resgardaban a roupa de graxas e porcalladas, senón que tamén servían para secar as mans, limpar bágoas, sonar mocos e mesmo lavar a cara. Sempre lembrarei aquela forma de mollar coa lingua unha punta desas pezas e limpar os mocos e fazulas dos nenos.
A música de Vangelis non me moveu do sitio, pero os vídeos do mandilón trasladáronme a aquela infancia na que tal peza era o contrasinal da muller labrega. Valía para todo zarrapique; estivese roto, remendado, novo, vello, gastado...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES