Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cutrez

Xiz, Xulio - martes, 28 de octubre de 2025
No panorama lucense, o menos que pode facer unha institución que non teña aversión pola cultura, é ter un local posto ao dispor dos culturalmente inquedos, aos que acoller -casa cuberta- para que desenvolvan actividades que merecen respecto e apoio.

Cos trámites pertinentes, a Deputación acolle actividades culturais non organizadas pola entidade no salón de San Marcos ou Santa María, o mesmo que o Concello no Vello Cárcere ou o Gustavo Freire, e a Xunta na Delegación Territorial e na Biblioteca Provincial.

Exemplo paradigmático era a sala Sargadelos, onde Xesús -institución en sí mesmo- apadriñaba canta actividade se acollía a aquel refuxio cultural. A súa desaparición -a de Xesús e a da sala- foi unha doble perda para a cidade de Lugo.

Á parte doutras salas vencelladas a centros educativos, quedan no centro da cidade dous salóns de longa traxectoria que parecen renegar da súa vocación, ou matizala - metalizala- pecuniariamente dun xeito que entendo traizoan a intención coa que naceron.

Que o Círculo das Artes, fogar acolledor de cultura, cobre por utilizar o Salón Rexio, intercambio de cousas espirituais por materias, semella un xeito de simonía cultural que pode ser necesaria pero fai renxer o pensamento de quen coida que a cultura é un dereito natural dun pobo.

Que sexa Abanca quen cobra por utilizar un local ao que en tempos a Aula de Cultura de Caixa Galicia deu tanta vida, é unha auténtica cutrez para unha entidade bancaria que por pura visión comercial debera producirlle arcadas utilizar este "Sésamo ábrete" monetario para abrir as portas dun lugar pensado para as letras e a palabra. Que os deuses da cultura lles conserven a vista.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES