Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A memoria de Álvaro Gil e o centenario dun congreso

González Martínez, Xosé - martes, 28 de octubre de 2025
O próximo mércores, día 29, ás 11:00 horas, no auditorio do Vello Cárcere de Lugo, o Foro E. Peinador celebrará o Centenario do Primeiro Congreso de Economía Galega. Faino da man da Deputación e Concello de Lugo, da Xunta de Galicia, Caixa Rural Galega, Grupo El Progreso e a USC. Unha conmemoración que aproveitaremos para remachar a importancia das propostas e debates protagonizados polas intelixencias máis preclaras do momento, persoas de portentosa imaxinación e abondos coñecementos sobre as distintas materias que se abordaron.

As actas do Congreso relacionan a todos os participantes. Entre eles atopamos a varios membros da familia Fernández López, fillos de Antón de Marcos. Non estaba Álvaro Gil, porque posiblemente algún compromiso ineludible llelo impedíu. Pero si que podemos afirmar que coñecía polo miúdo o tratado naquel encontro de visionarios. Porque a teor das empresas que impulsou ata o seu falacemento, observamos a fonte de inspiración daqueles debates. Foi un continuador da filosofía daquel congreso: desenvolvemento económico integral, planificación con criterios científicos, aproveitamento dos recursos naturais de Galicia ("economía autocentrada"), e unha vertebración territorial acorde coa necesaria cohesión social que era imprescindible construír.

O Foro E. Peinador recoñece, porque o estudo da historia demóstranolo, que a influenza do Congreso fíxose notar nos debates do Primeiro Congreso da Emigración Galega celebrado en Buenos Aires en 1956, e no deseño ideolóxico da Revista de Economía de Galicia que editou o seu primeiro número en 1958. Durante os anos da súa publicación podemos observar a capacidade intelectual que tiñan os seus colaboradores, e do seu equipo de redación formado, entre outros, por Cruz Gallástegui, Isidro Parga Pondal, Antonio Fernández López e Álvaro Gil Varela. Os tres últimos coincidiron en distintos consellos de administración de empresas que transformaron os recursos naturais mineiros,agroalimentarios e pesqueiros de Galicia. Empresas cun claro compromiso co territorio e os seu valores patrimoniais,(defensa da paisaxe, cultura e lingua) a través do mecenado e na utilización da lingua na publicidade. Dous exemplos ilustrativos: o Almanaque Agrícola ZZ dos Laboratorios Zeltia (o primeiro número publicousen en 1953) e os calendarios fermosamente editados por Cementos Cosmos.

Estes apuntamentos históricos suscitan unha pregunta: tivo Galicia nalgún momento un pensamento económico galego no sentido íntegro da palabra?. A resposta é un si rotundo. O pensamento económico galego e galeguista foi tronzado por intereses políticos alleos ás demandas sociais suscitadas desde distintos ámbitos. A Facultade Económicas de Santiago foi unha proposta moi traballada e alentada pola Revista de Economía de Galicia como unha solución para abordar o tránsito das empresas familiar a outras con estruturas máis sólidas que as fixesen máis robustas para afrontaren os retos da competitividade.

Pensaban os ideólogos da revista que unha Facultade de Económicas axudaría a modernizar as estruturas empresariais valéndose de cadros técnicos con rigorosa formación académica. Sen embargo, os resultados non puideron ser máis desalentadores: desa facultade non saíron galegamente formados os dirixentes empresariais chamados a cumpriren tales expectativas.

Chama poderosamente a atención que a Administración Autonómica, da que forman parte moitos funcionarios directivos formados naquel sistema universitarios, non fosen quen de galeguizar os niveis medios da administración. Desde ela subvencionanse proxectos para crear tecido empresarial con sumas multimillonarias que son concedidas a empresas que non se implica na realidade sociocultural do pais. Paradoxo que chama a atención tanto en canto no organigrama da Xunta de Galicia houbo sempre unha dirección xeral de política lingüística. Os recursos financeiros do Igape ou Xesgalicia, por exemplo, deberían implimentar os orzamentos dedicados á dinamización lingüística establecendo cláusulas que obriguen aos beneficiarios do crédito oficial a respetaren entre outros os dereitos lingüísticos dos traballadores e consumidores.

A xurisprudencia do Tribunal Constitucional ten manifestado en máis dunha sentenza a obriga das empresas públicas dependentes do Estado, agora da SEPI e noutrora do INI, a asumir o réxime da cooficialidade lingüística. Tales son os casos de Tragsa e Navantia que actúan ás marxe da Constitución, que recoñece a pluralidade lingüística.

Para o Foro E. Peinador, sen embargo hai unha marxe de esperanza que crean algunhas empresas, sobre todo do sector agroalimentarios etiquetando en lingua galega os seus produtos, e unha entidade financieira como Caixa Rural Galega que aposta por unha galeguidade plena.

Consideramos que os concellos e deputacións teñen moito que aportar a este proceso galeguizador polas relacións contractuais que manteñen co sector privado da economía. Os medios de comunicación non son tampouco alleos á importancia que teñen no fomento dunha pedagoxía que xere maior aproximación das das industrias aos nosos valores patrimoniais.

Xosé González Martínez é Presidente do Foro E. Peinador.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES