Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Concerto Paz sin Fronteras, Habana

jueves, 01 de octubre de 2009
O título deste artigo corresponde ao proxecto do cantante Juanes de 2008, que converteu en realidade este pasado día 20 de setembro na Habana. Despois de ollar os vídeos deste macro concerto (un millón de persoas), quedoume na testa o retrouso da canción que cantou Juanes con Miguel Bosé: "Dame una isla en el medio del mar, y ama la libertad; dime que el viento no la hundirá y ama la libertad". Este retrouso xa me puxo a testa a cento por hora, fédeme un pouco a rancio, parece como que Juanes-Bosé intentaran manipular ao persoal. Deume a sensación que, por parte deste dueto que viñeron a Cuba coa face amable do neoliberalismo.

Cando remataron a canción intentaron que o público corearan o que estes dous cantantes desexaban oír. A resposta ás súas insinuacións sempre foi a mesma ¡Cuba, Cuba, Cuba!. Señores Juanes e Bosé, aos pobos dignos e cultos non se lle pode tomar o pelo nin enganar dunha maneira farisaica falándolle de falsas liberdades. Juanes e Bosé (tanto monta monta tanto) non estaban diante dun pobo inculto, alienado, embrutecido como o de estas sociedades neoliberais nas que vivimos, de TV lixo e xornais ao servizo de intereses escuros e bastardos, con falsidades e programas visuais miserables que embrutecen e desmontan os valores máis importantes do ser humano.

Fixeron os dous no hotel un batifondo patético por intentar facer o que eles quixeran, pasando por riba das autoridades (nese batifondo estaban cámaras de Miami, teléfonos móbiles con cámaras... ¿non dicían que en Cuba iso está prohibido?. Alí lles deixaron facer de todo, inclusive estiveron por suspender o concerto. Falaban de paz e liberdade, nada dixeron dos presos de Guantánamo. O Juanes falou dos secuestrados no seu país, pero nada falou dos escuadróns da morte consentidos polo seu presidente Uribe e asasinatos con motoserra de sindicalistas. Se Juanes desexa igualdade e hermandade para todos que nos explique en qué son irmáns e iguales, oligarcas y obreiros.

Non todo vai ser crítica contra os dous cantantes, xa que deberon sufrir dabondo na súas carnes as agresións verbais, críticas e ameazas por parte daqueles sectores da extrema dereita de Miami, moi ben pagadas polo goberno de EEUU que son da mesma raza do terrorista Posada Carriles. Por iso non se pode andar con medias tintas, cada un ten que posicionarse de mente e corazón, xa que da maneira que actuaron levaron labazadas nas dúas caras, iso foi o que lles pasou. Ao final de todo, estes dous organizadores nin contentaron aos extremistas de Miami nin á maioría do persoal deste planeta que estamos por un mundo mellor e máis xusto. Unha idea que non é moi descavillada sería que no vindeiro anos os dous cantaran ao pé da Casablanca, na casa do primeiro ministro de Israel e na casa de Uribe (sete bases USA no seu territorio) para que teñamos paz neste mundo.

Non se pode ir de Mahatma Gandhi polo mundo, só houbo un persoeiro como este no século XX. Tódalas imitacións, copias e fotocopias que se usen para outros fins deste grande home son falsarias e hipócritas. Temos que imitar e copiar o seu exemplo co corazón na man a este grande loitador, humanista e pacifista, cando dicía: “No hay camino para la paz. La paz es el camino”. Todo o demais son imitacións de postal.

Lle preguntaron ao cantautor cubano Amaury Pérez, sobre que pensaba deses cubanos recalcitrantes e sectarios de Miami que lles houbese gustado que non se fixera o concerto, contestou cunha cun sorriso moi tranquilo: "Le gusta a mi pueblo y con eso nos vale".

Recordo neste intre os trinta e seis anos da morte de Victor Jara (seguro que Juanes-Bosé nin se acordan nin queren acordarse), antes de asasinalo lle machucaron as mans por tocar a súa guitarra de recendos a primaveras e esperanza. Lembro cando cantou na Habana un 4 de febreiro de 1972 na "Casa de las Américas" interpretou a canción, entre moitas, aquela de: "Ni Chicha ni Limoná".

Este concerto que organizaron Juanes-Bosé, dígoo con toda humildade, foi "Ni Chicha ni Limoná" desde un punto de vista social. O máis bo e entusiasta de todo, foi a boa música que se escoitou e o millón de cubanos cos gritos de: ¡Cuba, Cuba, Cuba!.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES