Veu nunha nube espallada de cinza facendo formas deuteronomias, dando sermóns nas chairas de Moab, un pouco antes de chegar á Terra Prometida da miña casa.
Veu pedindo como un eivado de ombreiros esgallados pola misericordia das palabras que rilaba persistente acompasadas co seu andar de zocos de madeira acastañados pola travesía das ánimas do Purgatorio.
Veu coa cabeza descomposta, baleiro de contidos comestíbeis, pero servido de sensacións emotivas da súa vida anterior e agora purga no seu silencio adobado de arrepíos, veu nun espanto silenciado polo pavor que infunde a súa cara e polo pánico das súas vestimentas acariñadas ao espanto que xorde da desigualdade dos seus tentáculos que en brazos escondidos, detrás da túnica que o tapa, infunde ese horror que vai medrando segundo vas ollando os perfís arredondados que estremecen o medo intenso que percorre os nosos corpos.
Grazas, Xoán!