Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Virxe da Barca

Otero Canto, Xosé - viernes, 07 de noviembre de 2025
Atalaia onde as pedras falan soamente entre elas para que ninguén saiba do seu pensar e empregan o vento para rezar e falar, para bisbar sen abrir as súas bocas de padal de pedra, de xeito que ninguén as entenda, por iso só se percibe o son dos eses porque soamente teñen no seu alfabeto sonoro unha consoante, o "s" cheo de reviravoltas, ambaxes e circunloquios dando voltas lixeiras e fortes sobre as bocas das mesmas pedras, con arrodeos de nordés continuado mesturado co bruído das vagas ciclópeas, virando o aire, A Virxe da Barca que suplen as vogais e as consoantes de calquera alfabeto que se precie, chegando a unha cantidade tal de sons e microsóns... que as palabras poden ter case infinitos significados dependendo de como se produza ese son en función da intensidade do vento muxián e de onde arranque o vento nas súas bocas de pedra os tons que son calidade de voz pétrea, en altura, timbre e intensidade, facendo apreciar, sempre entre elas, os distintos estados psicolóxicos ou os distintos significados dos discursos da pedra falada.
O home quixo copiar eses tons pétreos, eses moldes de pedra embarculada, pero os intervalos musicais das notas da música acordada en graos da escala eran montañas acústicas porque entre os tons e os semitóns había un cadro multiforme de intervalos tonais ascendentes e descendentes que o home non era capaz de producilos nin de percibilos e moito menos de realizalos porque era tal a cantidade posíbel dos sons que se semellaban moito á intensidade das cores e ás súas escuridades e tonalidades máis brillantes das que dispuñan as pedras para exercer as funcións de comunicación que lles puidesen corresponder segundo a altura ou a harmonía que dispuxo a expresión pétrea no estado psicolóxico que se atopase e que as demais pedras querían saber.
Entre todas as pedras había dúas de especial forza, eran: a Pedra de Abalar e a Pedra dos Cadrís, ata que a Pedra de Abalar rompe polo maltrato que se lle deu aos galegos ao longo da historia de España, por iso hoxe, xa sendo pasado, tróuxose unha parte da Pedra de Abalar para o adro da igrexa e do santuario como certificación e recordo para todos os galegos que non se deixen conquistar nin polas armas, nin pola fala.
Por iso:
"A Virxe da Barca
remexeu amenceres
entre o vento muxián
e saíu de rolda
pola mar adiada
para cativar aos galegos
coa nosa fala".

Día 26 de xullo ou de Xúpiter/Día de Santa Ana, 2025
Día despois do día da Patria.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES