Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 24 de octubre de 2025
Levo de todo

Trae unha coliflor, dixéronme. E levo arandos, media ducia de pementos, catro tomates, unha saca de patacas, outra de cebolas, un restra de allos, seis peras, unha bolsa de mazás, non sei cantos gramos de cirolas, catro plátanos, un saco de laranxas e tres ou catro bolsas de froitas tropicais coas que, aquí, xa me perdo cos seus nomes. Levo tamén un repolo e 750 gramos de feixóns.
O repolo e os feixóns merecen un parágrafo á parte. Porque eu comería calquera deses dous produtos todos os días e nas dúas comidas principais. Mesmo cando sobran gozo coméndoos requentados. Si, xa sei que din que o repolo, polas noites, é moi pesado. É igual; vendo películas xa me encargo eu da dixestión. Adoito cear ás oito e deitarme sobre as dúas da madrugada. Cos feixóns é tanto a gozada do seu sabor que, primeiro, como as posibles patacas que poida levar para, despois, co garfo, pinchar a pracer para meter con ansia o bocado na boca.
Levo chocolate, levo produtos de limpeza, e de baño, e de cociña, e cosméticos. Levo un salmón, dúas pescadas, catro troitas e un bacallau. Levo carne de porco, de polo e de pavo. Dicir que, onde estea o porco, que se quite o demais. Levo non sei cantas especies, unha garrafa de aceite de oliva, legumes, unha caixa de leite e diversas clases de charcutaría.
Como sei que non podo con todo, dígolle ós do súper que agarden, que vou á casa xunguir as vacas para levar todo no carro. Póñolle os ladrais. Aproveitando o carro pégolle outro repaso ó súper e levo algunhas cousas máis, principalmente feixóns, moitos feixóns e repolos. Xa que estamos...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES