Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No outono

Blanco Torrado, Alfonso - viernes, 24 de octubre de 2025
Cómpre agradecer a seitura e recolleitas do outono, un tempo no que abrollan infinidade de froitas ao pe noso: cogomelos, castañas, noces, etc. É unha tempada xenerosa que nos agasalla con tantos dons que converten estes meses nun ensoño da nai terra. O outono é o tempo moi inspirador para as e os poetas chairegos, principiando por Manuel María que lle dedicou algún poemario: "E que sexa Outono quen nos diga/ os segredos que ten a sementeira/ como se foi espindo a carballeira/ e que promesas granarán na espiga". Poemas ao outono (1977). E cada volta son máis as e os cidadáns que queren corresponder a esta xenerosidade con actividades saudables para todas as criaturas, sobre todo veciñas e veciños integrando redes ou asociación, así o colectivo Cercud de Baamonde abrindo o Muiño de Cagiao o pasado sábado, nun treito do Río Parga, convertido en Muíño do Pan, protexido por unhas carballeiras que nos teñen acollido moitas veces acompañados polos tamén poetas, os irmáns Victor e Juan Corral. Neste fermoso recanto seguimos partillando como a nosa natureza cos seus recursos culturais e paisaxisticos é unha fonte de bens turísticos e económicos, algo que celebrei fai anos nun encontro de veciñanzas saudables noutro muíño prodixioso con xente de toda Galicia, no Muíño do Rañego en Vilalba, honrando o noso patrimonio chairego. Mesmo no vindeiro 30 deste mes festexamos na Casa da Cultura en Compostela os "25 anos de compromiso cos concellos galegos, con Galicia e coa saúde ambiental planetaria", alí estaremos celebrando a gobernanza ambiental que estivemos planificando en cursos por todas as rexións e bisbarras do noso pobo, así en Guitiriz no 2009 e xa antes en Vilalba e despois en Cospeito. En Vilalba vivimos dous destes cursos ambientais coa participación do daquela alcalde, Agustín Baamonde Díaz, ao que volveremos a escoitar nesta xornada de clausura en Compostela: "CARA Á SOSTIBILIDADE DE GALICIA E Á SAÚDE PLANETARIA". Estas ducias de cursos axudáronnos a coñecer e valorar todo o patrimonio do país e a motivar às administracións e colectivos na busca de máis coñecemento para a conservación da nosa contorna.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES