Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Albela

Rubia, Xoan - jueves, 23 de octubre de 2025
Etimolóxicamente albela e o feminino de albelo que en galego significa de cor branca ou similar a ela e tamén a alguén esperto, agudo ou intelixente, pero ao marxe da palabra e o seu significado Albela é o nome da revista que edita a Asociación Cultural Apèlón Educación como instrumento no que reflectir retallos da intrahistoria da vila de Mugardos, a miña vila, e que se distribúe de xeito gratuíto a todos os que sentan interese en recuperar algúns anacos da memoria gardada as veces nos recunchos ocultos e pouco explorados. Albela Decidiron adoptar ese nome porque aparece nun documento de arrendamento do Cine Zárate do ano 1934, un local destinado a bar-café, cine, baile e salón de espectáculos, sito "donde nombran Albela, hoy Avenida de Saavebra Menesas (sic)" E aí está a revista, como instrumento propagador e conservador desa memoria.

Mugardos xa figura no top das localidades da contorna que contan cunha publicación propia e os seus promotores están na arela de continuaren con este proxecto levantando acta de cousas e xentes que dun xeito ou de outro incidiron no devir da vila, algo que é importante para saber de onde vimos, de coñecer o noso pasado, incardinalo no presente e dese xeito trazar mellor o camiño polo que transitar cara adiante. Sempre é unha satisfacción grande recibir un novo exemplar de Albela e percorrer o sendeiro das súas páxinas onde sen dúbida atoparemos algunha cusriosidade ou personaxes que para moitos estaban acochados nos recantos máis obscuros da nosa memoria. Recordar é volver a vivir e Albela contribue a deixar constancia e por escrita de cousas e xentes que dalgún xeito ocuparon e ocupan anacos da nosa historia.

Outras vilas teñen a súa propia revista como por exemplo Cobas. A revista de Cobas (póñoa con B porque parace que a veciñanza quere recuperar ese toponímico) é Columba que xa vai polo nº 23. Pontedeume tamén ten a súa, Cátedra, unha publicación xa veterana, Neda conta coa Revista de Neda, Redes coa Tenencia e nas Pontes, corríxanme se estou errado, editábase e creo que ainda se edita a revista Hume. A revista de Mugardos aínda é nova pois estes días presentábase o nº 7. Evidentemente está nos seus albores e aínda quedan moitas cousas por contar e colaboradores para achegalas. A Asociación Apelón Educación está nesa arela.Dende aquí desexo moito ánimo e longa vida a Albela. E que todos vostedes o vexan.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES