Manuel María (home de ben, chairego noso)
Otero, David - miércoles, 30 de septiembre de 2009
Hoxe máis que nunca eu quero
ler a través da miña Lingua.
E por iso
Manuel
nestes versos
que todos levan o teu nome
máis que nunca me obrigo
a estar nos desexos de imaxinar belezas
Para que a miña mirada , Manuel
non sexa unha tépeda brétema.
que como afogándome
non me deixe ver
máis aló dela mesma.
Hoxe máis que nunca eu quero
ler a través da miña Lingua
Pois eles e elas
que non din en voz alta todo o que pensan
coma corvos
cordialmente
válense de nós
e dinnos pobo
E claro que somos pobo
e verdadeiro
!
Pero non tardan
e a emendas de falsidades
ferintes
aproveitan para nos negar,
para nos excluír e para nos reprimir
A quen somos pobo verdadeiro
!
Hoxe máis que nunca eu quero
ler a través da miña Lingua
Para bradar co corazón apretado
o SI de dignidade e o SI da rebeldía neste meu pobo
a loita polo posible e polo imposible
na utopía que nos debe definir
Porque os nosos soños non morreron
Porque este día coma onte
non pode ser mañá.
Por iso queremos, Manuel
que este día sexa especial...
indo a punto e seguido... na palabra nativa
e sempre
!
Hoxe máis que nunca eu quero
ler a través da miña Lingua.

Otero, David
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora