Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No mes das colleitas

Santalla, Iago - miércoles, 29 de octubre de 2025
Quizais as festas de outubro son as que avalían se foi un bo ou mal ano. Agora que todo está recolleito e que so quedan os castiros por dar a súa regalía, é un bo momento para xuntarse e festexar a vida. Por iso, quizais son os magostos o principal preludio do nadal e por iso, tamén, supoñen un xeito de manter a vida social nun outono que vai paseniño cara ao inverno.

As colleitas sempre ían no carro e eran a razón pola que, se un carro cantaba, habería fartura na casa.

Nun rural cada vez máis deshabitado, vaise desdebuxando o ciclo da natureza. Non en tanto, segue presente para ensinarnos que coidar o medio ten a súa recompensa en forma de manxares que sen dúbida procúrannos unha alimentación máis saudable.

Velaí polo que cómpre coidar o entorno. Quizais debera ser lei aquela sentenza de Castelao: "o que non lle da de comer á vaca non ten dereito a muxila". Entón, cómpre desexar boas colleitas a quen o merece...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES