Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Transfuguismo

martes, 29 de septiembre de 2009
É un dos problemas máis graves dos partidos políticos con representación nas institucións: a fidelidade dos cargos electos no exercizo da súa función.

Os partidos designan as persoas que coidan máis atractivas para os votantes para que figuren nas listas, e cando resultan elixidas nelas radica toda a representación quedando o partido en segundo lugar aínda que en principio fose o único protagonista.

E os elexidos -concelleiros, na maioría dos casos- quedan investidos do seu natural carácter de representantes e exercen a sua función con total liberdade. E os seus votos poden seguir as directrices do seu grupo político, ou esquecer as súas conviccións e votar por conveniencia propia.

Aí está o transfuguimos como exemplo de traición ós propios e aproveitamento do cargo, que se ven de poñer de manifesto no concello de Benidorm (que hai anos xa vivíu similar acontecemento, pero no sentido político contrario), protagonizado por concelleiros do PSOE, e agora se teme en Silleda por parte do Partido Popular con apoios doutras forzas políticas.

Que os concellos precisan unha dinámica que non limite os cambios ás datas das eleccións, parece lóxico. E que cando se produce unha situación crítica pode haber movimentos políticos para solventar o tema, tamén. Pero o que non parece moi xustificable é que a persoa que foi elixida nunha lista dun partido, escollida por ese partido, financiada por esa forza política, se erixa en propietario único do escano e vote en contra dos intereses dos seus compañeiros naturais de viaxe.

Hai un pacto antitransfuguismo que parece ter importantes lagoas. Os partidos van ter que tomar este tema en serio para evitar que a cidadanía deixe de tomar en serio ós políticos. O tema é máis grave do que parece, e a paciencia dos votantes -que somos todos- non é infinita.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES