Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un mundo cheo de oportunidades

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 23 de octubre de 2025
As estadísticas din que a media de anos de vida dos españois anda polos oitenta e algo de anos, o que non din é o número de oportunidades que temos ó longo da vida.
Pero estou segura que son moitísimas, das cales aproveitamos moitas e, sabe Deus, cantas desaproveitamos.
Perdemos moito tempo lamentándonos de que algo nos vai mal: a saúde, os negocios, o traballo...
Certo que a veces hai motivos para lamentarse; pero a maioría das veces facémolo sen fundamento.
TRÁTASE DE AGRADECER:
-Agradecer o feito de desperatar na nosa casa un día e outro, e outro...
-Agradecer que o noso corazón segue latendo tanto se estamos despertos como se durmimos, tanto se estamos no traballo como disfrutando dun tempo de ocio ou mesmo nun hospital.
-Agradecer que os nos pulmóns seguen osixenando gratuitamente tódalas nosas células as 24 horas do día sen vacacións, nin días festivos, durante anos e anos...
-Agradecer que a nosa dixestión fai o seu labor tanto se estamos despertos como se durmimos ou botamos unha pracenteira siesta.
-Agradecer o feito de que cada vez que abrimos os ollos, estes móstrannos as persoas que encontramos ó longo da vida, os animais tanto domésticos como salvaxes, a vexetación, unha película que nos traslada a outro lugar, as páxinas dun libro que ilustran a nosa mente, a menaxe que usamos para alimentarnos, a nosa casa, a casa dos outros, os nosos bens, etc, etc.
-Agradecer que os nosos oídos permítennos escoitar as palabras garimosas no colo da nosa nai, as dos nosos amigos, as das persoas que amamos, as dos nosos mestres que iluminan as nosas mentes, as dos sacerdotes que guían as nosas almas a Deus, as do personal sanitaro que cura as nosas enfermidades, as dos veciños que nos saúdan, as dos compañeiros de fatigas, a música que deleita a nosa mente, as noticias que nos informan coma vai o mundo...
-Agradecer que as nosas mans son moi valiosas: permítennos hixienizarnos, comer, aloumiñar, escribir, acercar todo tipo de obxectos, abrazar, dá-la paz, apoiarnos, agarrarnos e tantas outras cousiñas que nos facilitan a vida.
-Agradecer que as nosas pernas gratuitamente trasládannos dun lugar para outro, soportan pacientemente todo o noso o peso…
-Agradecer que os nosos riles traballan sen descanso para expulsar toxinas que intoxicarían o noso organismo de non ser por eles.
TRÁTASE DE DISFRUTAR:
-Da saúde: coidando a nosa propia e tamén a dos demais.
-Dos alimentos: que nos regala a nai natureza coa nosa colaboración na conservación da creación.
-Da familia: que é o noso niño de amor onde rimos, choramos, rezamos, sufrimos e gozamos.
-Das amistades: que son os anxos custordios que Deus pon ó noso alcance.
-Das persoas que directa ou indirectamente nos facilitan a vida.
-Dos animais que nos acompañan, nos alimentan, nos axudan na tareas agrícolas, no ocio.
-Dos vexetais que nos alimentan, dos que nos dan sombra, dos que nos dan madeira, dos que nos proporcionan mobles, dos que poboan a nosa paisaxe de cor e beleza…
-Dos diferentes minerais empregados en diferentes usos: maquinaria, electrodomésticos, automóviles, tecnoloxía de todo tipo.
-Do cariño das persoas, da súa compañía, do seu apoio que teñen un valor incalculable.
-Do aire que respiramos para que o noso organismo se manteña sempre osixenado.
-Da auga que bebemos, que é fonte de vida.
-Do sol, da lúa, das estrellas, da choiva, do vento, da neve...
-Do froito do noso traballo que nos produce a satisfacción da nosa colaboración na construcción deste mundo de benestar do que disfrutamos.
TAMÉN SE TRATA DE APROVEITAR O TEMPO
-Para disfrutar mentres nos hixienizamos, mentres nos vestimos, mentres nos calzamos...
-Para disfrutar mentres nos alimentamos gozando da gastronomía propia do lugar onde nos encontramos.
-Para adquirir una formación que nos permita ter os coñecementos necesarios para defendernos na vida con responsabilidade, honradez e dignidade.
-Para amar ás persoas que nos rodean sementando paz, fraterndade e cariño.
-Para compartir o que temos, enriquecéndonos mutuamente.
-Para convivir pacíficamente nun mundo en harmonía.
-Para orar pedindo a Deus a gracia necesaria para cumpri-la súa vontade.
En resume: para santificarnos, que é ó que estamos chamados.
CADAQUEN Á MEDIDA DAS SÚAS POSIBILIDADES
-Porque todos temos uns talentos para potenciar.
-Porque sendo todos diferentes, todos valemos moito.
-Porque todos nos complementamos.
-Porque todos nos necesitamos.
-Porque todos estamos chamados a construir un mundo mellor.
"DEIXEMOS DE LAMENTARNOS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES