Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A chaqueta da comenencia

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 20 de octubre de 2025
Moitas veces dicimos que a política está podrecida, corrompida, pervertida, etc. É mentira. Os que están podres, os que son corruptos, os tránsfugas son os homes e mulleres que, moitos deles, pensan que son políticos. Porén, chamarlles políticos a eses é alzalos, elevalos a unha categoría que non teñen e que, entón, non lles corresponde. Non a merecen.
A pesar de que existe un marco estatal (o Pacto pola Estabilidade Institucional e loita contra o transfuguismo político), asinado polos principais partidos, que pretende previr que cargos electos cambien de partido ou apoien mocións de censura tras ser elixidos cunha siglas, case non hai un día no que... un, dous, tres tránsfugas viran a chaqueta da comenencia. Eses tránsfugas están a rirse de nós, dos que os votamos para que cumpriran o que prometeran e, agora, queren cumprir co que renegaron, co que rexeitaron ó principio. A chaqueta da comenencia
Falando con claridade, non queda outra que chamarlles falsos, traidores, que venden a súa conciencia a quen lles cadre con tal de poñerse na poltrona da mentira. Da mentira porque, para eles, ó principio, o partido ó que se pasan agora só dicía mentiras e falsidades.
O transfuguismo erosiona a confianza do cidadán. Se os votantes senten que a súa decisión non se respecta porque un concelleiro vira a chaqueta ou provoca unha moción de censura sen o respaldo directo electoral, debilítase a lexitimidade democrática. O transfuguismo, así mesmo, debilita os partidos. Que haxa fugas ou apoios cruzados inesperados desvalorizan a disciplina do partido e fomentan os pactos opacos. Ademais, complican a gobernabilidade. As corporacións locais ou entidades autonómicas que dependen de maiorías febles, débiles, pequenas poden estar moi expostas a estes movementos, o que xera inestabilidade.
Non lles importa. Non tardan en achacar todo ó benestar do concello, da comunidade, cando na realidade -porque se nota ás leguas- van detrás, agora si, do seu propio benestar. Como non lles preocupa renegar dos seus ideais con tal de obter un beneficio particular. E o que manda, o que goberna sempre ten máis opción que o que está abaixo, na oposición. Non é de estrañar entón que levemos xa, só en Galicia, unhas dez ou máis mocións de censura por transfuguismo. Porque a eses politiquiños non lles inquieta aferrarse, agarrarse con forza á chaqueta da comenencia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES