Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dependencia

Maceira, Francisco - miércoles, 22 de octubre de 2025
Acabo de recibir unha carta da Xunta de Galiza. Arquivan a solicitude de prestacións e atención á dependencia de meu pai. O motivo: falecemento. Pasou o mismo con miña nai. Está pasando todos os días cos nosos maiores. Os que somos un pouco máis privilexiados coidamos deles como podemos. Intentando facelo o mellor que sabemos e con recursos propios. Noutros casos estáno pasando realmente mal. Vivindo un auténtico inferno os últimos días da súa vida. Algo que realmente non merecían. Moitos deles incluso sós. Sin nadie que os guíe na oscuridade que marca o principio do fin. Os nosos mandatarios publicitan, sin vergonza algunha, a súa boa xestión. En escolas, universidades, hospitais, atención á terceira idade, asilos... Algúns destes sufragados por filántropos e coa falsa aureola de "públicos". En realidade van ser xestionados por empresas privadas. Outro negocio máis para os de sempre. Para os seus parentes de sempre.
Meu pai non chegou a entender as imaxes deses grandes lumes mentras un presidente estaba de vacacións. Nin as inundacións con 229 mortos mentras un presidente prolongaba a sobremesa durante horas. Nin entendería que mulleres morran de cancro de mama porque un presidente non as avisou para non inquietalas. Nin esa teima dun presidente por montar unha macropasteira de celulosa en Palas de Rei. Non estaría demais que todo ese esforzo, recursos e cartos que despilfarran para conseguir instalar Altri os empregaran en dependencia. Os nosos vellos o agradecerían. E a xente da Terra Cha tamén.
Maceira, Francisco
Maceira, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES