Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

UCIN Galicia denuncia o teatro político do PP e do PSdeG coa AP-9: 'Están vacilando aos galegos'

Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) - lunes, 20 de octubre de 2025
Desde UCIN Galicia, con José Luis Calo como coordinador autonómico, queremos denunciar con rotundidade o cinismo político e o uso electoralista que están facendo tanto o PP coma o PSdeG co tema da gratuídade da Autoestrada do Atlántico (AP-9).

Nos últimos días vimos como dende o PP de Galicia se montou todo un espectáculo mediático reclamando a gratuidade da AP-9, cando foron eles mesmos os responsables directos de que esta infraestrutura se atopase nas mans dunha concesionaria privada ata o ano 2048, tras as prórrogas aprobadas durante os gobernos do PP en Madrid.

Pola súa banda, os dirixentes do PSdeG sumáronse ao espectáculo, reclamando tamén a súa gratuidade, mentres o Goberno central, liderado polo PSOE, leva anos ignorando a demanda unánime do pobo galego para recuperar o control público da AP-9 e liberar a poboación dunha peaxe inxusta e discriminatoria.

Estamos fartos de promesas baleiras e de movementos electoralistas. Se tanto PP como PSOE quixeran realmente a gratuidade da AP-9, xa estaría feita. Entre os dous teñen maioría absoluta no Congreso dos Deputados, e poderían aprobar a medida sen máis escusas nin demoras.

"Galicia leva décadas sufrindo un agravio coa AP-9. Nin o PP nin o PSOE teñen lexitimidade para reclamar agora o que sempre bloquearon. Desde UCIN Galicia seguiremos loitando sen descanso pola gratuidade e galeguización desta infraestrutura."

Desde UCIN Galicia deixámolo ben claro: Merecemos unha AP-9 galega e gratuíta. Merecémola, necesitámola e non descansaremos ata que o Goberno de Sánchez deixe de bloquear esta demanda histórica.

Mentres PSOE e BNG seguen tomándolle o pelo a Galicia con acordos que non cumpren e promesas que non se materializan, UCIN seguirá esixindo dende todas as institucións a transferencia inmediata da AP-9 á Xunta de Galicia, e a súa posterior gratuidade.

É hora de deixar de xogar coa xente. Galicia non é un plató electoral. Galicia é un pobo digno, e merece respecto.
Unión de Cidadáns Independentes (UCIN)
Unión de Cidadáns Independentes (UCIN)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES