Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Economía sin corbata. Conversaciones con mi hija.

Pinto Antón, J.A. - viernes, 17 de octubre de 2025
Cómpre ler o libro de Yanis Varoufakis, economista e catedrático. Foi ministro de finanzas grego con Syriza ata que foi devorado polos donos da UE, do FMI e do BCEs. Temos o dereito e o deber de entender de economía. A fin de contas, vén de oikonomia: goberno e administración da casa. Recorda Stiglitz que non é só unha ferramenta para expertos, e pregunta: para que serve a economía se non axuda ás persoas?
Conversa coa súa filla e conversa connosco sobre cuestións que nos afectan como a riqueza e a pobreza. Onde nace e como medra a hidra das desigualdades. Quenes son os donos dos cartos e onde se agachan os poderes escuros que moven o mundo. Que é iso dos Mercados. Por que hai tanta desigualdade internacional e dentro das sociedades. Ou por que racionalizamos ata a súa aceptación desigualdades aberrantes. Por que confundimos o que xa denunciaba Antonio Machado: valor e prezo ou de como hai que redescubrir a utilidade do inútil, como recordaba Nuccio Ordine. Por que esa pesada lousa da débeda que paraliza inoculando medo na sociedades maís precarias, agora as africanas, como o inferno nas relixións. Por que o paradoxo da crise: a desgraza da inmensa maioría supón o enriquecimento dunha inmensa minoría. Ou de como a quebra de moitísimos pequenos negocios de estatura humana incrementa a rendabilidade dos poucos que sobreviviron, mnultinacionais, xigantes inhumanos con pés de barro.
E unha solución: a política dirixindo a economía ou a democratización fronte ao perigo do diñeiro apolítico.
A dura escola daquela crise de 2008 crise foi ensinando economía para andar por casa, xusto de onde nunca debeu saír. Por iso necesitamos expertos con rostro humano, como Krugman e Stiglitz. Como este Yanis Varoufakis que, desde una óptica heterodoxa explicaba a súa filla pequena grandes cuestións económicas. Sen garavata.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES