Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os camiños dos galegos

Ávila Soto, Federico - lunes, 20 de octubre de 2025
Alá ao lonxe, nese camiño que din de Santiago, nas montañas que din, nos separan da Francia, crúzanse dous homes, o un é galego, o outro francés.

Un vai, e o outro ven, pois claro, xa!
- Vou ben por este camiño a Santiago, Patrón das Hespañas, e Amigo do Señor? (pregunta o francés) Os camiños dos galegos
- Vas oh!, claro que vas ben. (contesta o galego)
Véndose os dous sos, nos silencios dos camiños, e nos pensamentos rebulindo cadanseu os motivos polos que estaban nese camiño, do "Señor". Pasado un anaco de tempo, o galego diríxese ao francés:
- Máis unha pregunta lle fago, meu home:
- Vou eu ben por este camiño, na procura dun patrón, que non sexan coma os das Hespañas, e amigos do Señor?
Revirouse o peregrino, e púxose á par da andaina do galego, e lle di:
- Pero ti, por estes camiños, que buscas, traballo?
- Pois claro! Que vou buscar eu, se non, sendo galego! Pensas que se non fora así, ías atopar por este camiño, que din de Santiago, a un home desguedellado e canso coma min, indo ao sentido contrario do que van tódolos pelengríns?
- Tés razón!, dixo cavilando o francés, que de seguido lle contesta:
- Mira, veño dende París, e se ti queres, non hei de seguir.
- Non comprendo señor!, este é o camiño de Santiago, Patrón das Hespañas, e Amigo do Señor, eu son galego, e vostede un peregrino.
- Xa, meu home, xa..., xa o comprendín! Mais eu, lle teño que dicir, que eu xa cumprín, teño andado xa moito camiño, para cumprir unha promesa que eu prometín, e no Camiño de Santiago, o dixo o noso crego, atoparía o meu porvir!
- Señor, señor!, que me quere vostede dicir? Que por máis que o penso, non me entra no maxín!
- Queres traballo?, falémolo aquí, e poñámonos lixeiros, camiño de París!
- Arrenegado sexa o Demo!, a miña Loliña tiña toda a razón, dicíame: vaite, vaite, meu corasón, que por eses camiños da Europa, atoparás a nosa solución!
E de contado, danse a man, coma bos irmáns. Cun forte abrazo selan o trato, e de inmediato, os dous, puxéronse camiño de París.
Din as malas linguas, que tan ben lle foi ao dito peregrino, que dende Bruxelas, Xenebra, Frankfurt ou París, xentes e xentes de un bo vivir, facían o Camiño de Santiago, na procura, de se redimir!...
Ávila Soto, Federico
Ávila Soto, Federico


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES