Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sr. Alcalde de Lugo: ¡30 anos!

Xiz, Xulio - miércoles, 15 de octubre de 2025
Veñen de cumprirse 30 anos do pasamento de Xosé Trapero Pardo, home sabio, escritor, académico, amigo do que tantos aprendemos tanto. Era o Cronista Oficial de Lugo, gardador da memoria, e o Concello pagáballe o seu traballo cunha "presa de machacantes" (Isidro Novo dixit), quizais o equivalente a quince euros ao trimestre.

Con Trapero morreu o Cronista. No canto de ter a valentía de nomear un cronista independente que conte as cousas de hoxe para o futuro, o alcalde convocou un concurso de paripé entre as xentes da cultura. Como aos concursos cárgaos o demo, saíron os nomes de Felipe, Adolfo e Xulio, que non eramos o que el buscaba. E van trinta anos de covardía -da alcaldía ou da institución- que avergoñan á cidade.

Teño dito moitas veces que "grazas", que é unha honra; que "Domine, non sum dignus". Que hai que elixir entre Felipe e Adolfo (Entre Adolfo e Felipe), que se daquela valían, agora moito máis. E o concello ten o deber moral de tomar en serio esta afrenta a dous intelectuais, menospreciados por unha institución chamada a respectar a todos, e naturalmente aos "primus inter pares".

Cáeme ben este Alcalde. Representa dignamente á cidade na que vivo. Creo que non caería no erro estrepitoso do seu antecesor, e mesmo que pode tentar dar solución necesaria e xusta a un problema que quizais non sexa dos máis urxentes e vitais para a marcha do concello, pero manca.

Felipe e Adolfo (Adolfo e Felipe) merecen un respecto e unha disculpa do seu concello. A súa bonhomía, saber e traballo, non merecen -ninguén merece- un trato así de despectivo por parte da institución que representa á cidade onde viven.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES