Seriamos máis felices
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 16 de octubre de 2025
¿A quen non lle gusta ser feliz?
Todos aspiramos a ser felices.
Aínda que nesta vida non se pode conseguir a felicidade plena, si que podemos disfrutar de moitos momentos felices que nos dan alicientes para seguir loitando por un mundo mellor para todos.
VIVENCIAS QUE PRODUCEN FELICIDADE
Afortunadamente disfrutamos de moitísimos momentos felices ó longo da vida.
-Uns refírense a celebracións:
*Un bautizo polo que se incorpora á Igrexa Católica un novo membro do Corpo Místico de Cristo
*Unha comunión pola que se accede á gracia necesaria para inicar a vida cristiá.
*Unha confirmación para reafirmarnos nesa fe.
*Unha voda civil ou canónica pola que dúas prsoas se comprometen na saúde e na enfermidade a apoiarse e, a ser posible, a propagar a vida en futuros descendentes froito do seu amor.
*Unha onomástica pola que os crisitiáns intentamos seguir os pasos de persoas que fixeron a vontade de Deus aínda que lles costara o que lles costara.
*Un cumpreanos polo que se celebra, agradece e comparte a vida.
*A festa do patrón cando se reúne toda a familia e os amigos máis achegados para celebrar todos xuntos un día de festa compartida.
-Outros refírense a éxitos acadados:
*Unha careira rematada para cumprir un dos soños da nosa vida: a vocación á que estamos chamados.
*Un posto de traballo naquelo para o que recibimos a preparación axeitada que nos permite ter autonomía económica.
*Unha oposición gañada que nos permite seguridade no posto de traballo, sempre que cumpramos coas nosas obrigacións laboráis.
*O carnet de conducir conseguido para poder conducir un veículo a motor que nos permita desprazarnos, viaxar, coñecer mundo...
*A compra dun coche, dunha vivienda, doutra propiedade calquera froito dos nosos aforros, que nos dan satisfacción persoal.
Outros van direatamente dirixidos á vida emocional:
*O cariño que nos teñen os familiares e amigos
*Un nacemento como o milagre da vida e novo membro da comunidade
*A contemplación dunha posta de sol ou dun mencer que nos deixa extasiados ante tanta variedade cromática.
*As ondas do mar co seu ir e vir como portadoras de mensaxes vidos de terras lonxanas.
* A inocencia dunha criatura que non ten ningún tipo de complexos nin prexuizos.
*O renacer da primavera que expande a súa forza vital cargada de fermosura desde as entrañas da terra nai.
*O corido do outono que lentamente vai escondendo no seo da terra a forza dun novo renacer primaveral.
*O aloumiño do sol e da brisa mariña que nos acaricia suavemente.
*Un sorriso deses que irradian luz e calided humanas.
*Unha mirada dóce que di todo sen pronunciar palabra.
*Un aloumiño dunha persoa que nos quere ben e nos transmite paz e amor.
*Un bico, unha aperta dados desde o fondo da alma, que se levan no corazón toda a vida.
*As maravillas da creación que superan tódalas capacidades humanas.
*O amor que se profesan os namorados soñando despertos cun mundo cheo de felicidade.
*O amor dos esposos cando cunha mirada o teñen todo dito porque o seu amor está firmemente consolidado.
*O amor dos pais que fan o imposible polos seus vástagos.
* A amistades verdadeiras que son un regalo do ceo.
* O perdón recíproco que deixa os corazóns en paz.
*A responsabilidade do deber cumplido que produce un gozo inmenso.
*A tolerancia nun mundo tan variado: esa capacidade que nos permite relacionarnos con persoas de distintas ideas sen crear problemas de convivencia nin de amistade.
E tamén un sen fin de cousas máis que sería longo de enumerar...
Pero aínda seríamos máis felices:
-Se viramos ás persoas creadas á imaxe e semellanza de Deus.
-Se nos amáramos como Deus nos ama, entregando as nosas vidas por amor recíproco.
-Se nos decatáramos que só o amor é a fórmula válida para ser felices.
Porque o amor cura tódolos males.
-Se viramos na natureza a obra que Deus pon ó noso servizo para que non nos falte de nada se sabemos compartir.
Somos felices; pero poderíamos ser máis porque nos espera un mundo cheo de oportunidades.
"UN MUNDO CHEO DE OPORTUNIDADES"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora