Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Perigoso Ive

lunes, 28 de septiembre de 2009
O Ive, na nosa pequena sociedade galega, sempre foi considerado un atranco.
Para os pequenos industriais, autónomos, comerciantes, o Ive engorda as facturas dun xeito importante, controla directamente toda actividade empresarial, e os afectados teñen que actuar de recadadores deste imposto e aboalo a Facenda mesmo antes de ter cobradas as correspondentes facturas. O Ive é un imposto impopular.

Para todos os afectados, todos, é unha mala noticia que o Ive vaia aumentar e pasar do dezaseis ó dezaoito por cento en toda actividade normal, e do sete ó oito por cento no tipo reducido. E aparte o conseguinte aumento de custos, xa hai voces de representantes políticos que auguran un aumento de fraude fiscal pola conseguinte diminución da facturación legal.

O goberno agarda 5.150 millóns de euros máis polo concepto de Ive con estes aumentos. E con outras varias medidas chegar ós 10.950 millóns de euros nunha petición especial de esforzo por parte dos cidadáns non ben acollida por case ninguén.

Pero o máis chamativo é o do Ive, porque as outras medidas aplicaranse sobre declaracións de ingresos ou as rendas dos aforros por agora indeterminados, mentras que o Ive é perfectamente cuantificable, previsible, e virá a aumentar a mala imaxe que este imposto ten na sociedade.

Só o tempo poderá indicar se o goberno ten razón, ou non fixo máis que afondar nunha ferida aínda non cicatrizada.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES