Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No inferno branco

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 13 de octubre de 2025
Dise que as coincidencias non existen. Non o sei. Pero o outro día vin a película "A sociedade da neve", do director español J.A. Bayona, e hoxe cúmprense 53 anos do accidente que narra a película. Foi no ano 72 e as persoas que sobreviviron fixérono durante 72 días. Eu tampouco creo nas coincidencias, pero...
No inferno branco Pero a realidade foi unha traxedia que conmoveu ó mundo. A min, máis que a película, que é moi boa, principalmente o accidente e a avalancha posterior, xa me impresionara o libro "Viven!", de Piers Paul Read, que lera sendo rapaz no colexio dos Milagres. Abraiárame tanto que, aínda hoxe, lembro os nomes dos, pódeselle chamar, protagonistas principais: Nando Parrado e Roberto Canessa.
O 13 de outubro de 1972, un avión da Forza Aérea Uruguaia despegou de Montevideo con destino a Santiago de Chile. A bordo viaxaban 45 persoas: xogadores dun equipo de rugby, amigos e familiares. Ninguén imaxinaba que ese voo se convertería nun dos episodios máis estarrecedores da historia moderna.
A aeronave atopouse con malas condicións meteorolóxicas ó cruzar a cordilleira dos Andes. Un erro de navegación levou á tripulación a crer que xa superaran as montañas, polo que iniciaron o descenso antes de tempo. Ás 15:34, o avión estrelouse contra unha ladeira nevada a máis de 3.500 metros de altura, nunha zona remota entre Arxentina e Chile. O impacto partiu a fuselaxe en dous e deixou ós sobreviventes nun inferno branco.
Dos 45 pasaxeiros, 33 sobreviviron ó choque inicial. Porén, as baixas temperaturas, a falta de alimentos e as feridas reduciron o número día tras día. Improvisaron refuxios cos restos do avión e utilizaron a neve derretida como única fonte auga. A radio que acababan de reparar tróuxolles unha noticia devastadora: as autoridades suspenderas a busca.
A partir de aí iniciouse unha loita sobrehumana pola supervivencia. Enfrontados á inanición e ó illamento total, os mozos tomaron unha decisión que estremeceu o mundo cando se soubo: recorreron ó canibalismo, comendo os corpos dos seus compañeiros mortos.
Cando Parrado e Canessa, que emprenderan unha travesía épica en busca de axuda, se atoparon cun arrieiro chileno, remataron aí unha epopea de fe, coraxe e supervivencia, onde uns mozos uruguaios desafiaron á morte e renaceron no inferno branco.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES