Malos tempos para a lírica
Editorial - viernes, 25 de septiembre de 2009
Na pasada semana, en Julia en la onda, Nuria Espert e Rosa María Sardá falaban da súa representación de La Casa de Bernarda Alba, comentando que non había crise para o teatro porque ó ser en directo, en recintos cerrados, non había posibilidade de baixalo de internet.
É todo un síntoma de como evoluciona un negocio, o do espectáculo, no que o da música e o cine son elementos descollantes, e no que sí se está notando a crise fortemente.
Véñense de facer públicos os datos do comercio da música durante o primeiro semestre do presente ano, rexistrándose unha caída dun trinta por cento en relación co primeiro semestre do ano anterior: de 126 millóns de euros a 87, en números redondos.
Non é ningunha novidade a baixada, que desde o comezo desta década os descensos anuais foron evidentes, sen que un esperanzador 17,5% do mercado a través de Internet chegue a paliar a crise do sector, se ben moito pode aínda mellorar este aspecto loitando contra a piratería a través da Rede.
Nos últimos anos, sen dúbida que Internet e as modernas técnicas de comunicación tiveron moito que ver coa reducción do mercado. Neste ano, o factor crise sería definitivo, porque en tempos difíciles comézase a reducir polos productos máis prescindibles. E á hora de eliminar gastors, está claro que é máis doado prescindir do supérfluo que dos productos de primeira necesidade.
Os tempos son malos en xeral, pero para a lírica en especial. Baseándonos no argot popular, poderíase concluir que a sociedade non está para músicas.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora