Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A voltas co fume

jueves, 24 de septiembre de 2009
Moito se ten avanzado na loita contra do tabaco, a pesar dos fortísimos intereses que inflúen neste mercado. Desde os tempos nos que o fumar era un hábito consolidado, imprescindible na boa sociedade, e ata casi obrigado en determinados ámbitos ou ambientes, chegouse á actualidade no que está prohibido no mundo do ensino, nas administracións públicas, e nun importante sector da hostelería.

Comprobados os efectos perniciosos do tabaco, quedan unicamente a contemplar os dereitos dos fumadores a facer coa súa saúde o que estimen oportuno, e a crer ou non as informacións que se facilitan sobre os efectos do tabaco no organismo, e os intereses das firmas fabricantes que dominan un mercado que, aínda mermado polas prohibicións, presenta cifras multimillonarias.

A marcha antitabaco por parte dos poderes públicos parece ser imparable, especialmente se temos en conta que paises do noso contorno europeo teñen lexislacións moito máis restrictivas que a nosa e aplícanas con total decisión.

A intención do goberno parece ser prohibir o tabaco noutros ámbitos, especialmente na hostelería, e en todos os lugares públicos. E aínda que por agora non se concrete na lexislación oportuna, hai que considerar que por aí vai o camiño dunha loita emprendida moi tarde, despois dun grande período de tolerancia e fomento polos beneficios económicos do tabaco para as arcas públicas.

Seguimos a voltas co fume, en campaña que ten importantes fundamentos e apoios científicos, frente á que están os defensores a ultranza do que hoxe consideramos vicio e hai pouco tempo requisito elemental de elegancia social.

Sanitariamente, o tabaco ten os días contados. Pero aínda son moitos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES