Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No devir das xeracións

Santalla, Iago - miércoles, 15 de octubre de 2025
Naceu Xiana, a filla dos meus curmáns Iria e Marco. Nós, "a pandilla GIJOE" fomos 7. A xeración anterior foran 4 curmáns moi ben levados e así foi como nós nos criamos como curmáns, case irmáns. Os curmáns comparten avós e nós tiñamos dous tíos avós (Idalia e Pepe) que exerceron de avós, como un complemento extra de amor e afecto co que a vida quixo agasallarnos. Entón, digan o que digan quen o diga, somos curmáns porque así fomos tecendo o fío emocional que nos une para sempre.

Agora, foise unha xeración, a dos avós que tanto quixemos pero deles herdamos un pegamento emocional infindo que nos leva a seguir sendo unha tribo invencible. Velaquí a razón pola que Xiana, Flavia, Guzmán e Luca de certo xeito son meus sobriños con Sara e Hugo, fillos do meu irmán.

O ser humano tece máis vínculos na emoción que na xenética porque para querer é imprescindible estar no día a día dalgún xeito. Aquilo de que "o sangue tira" resulta unha falsidade, xa que a lonxitude física acaba enfriando o vínculo ao igual que a relación continua o fortalece.

Polo tanto, o meu desexo é ver medrar á nova xeración e apoiar en todo o que modestamente poida o seu desenvolvemento para que o día de mañá poidan dicir ben forte como hoxe dicimos nós: "somos familia".

Benvida Xiana e a medrar ben fortes Gumán, Hugo, Sara, Luca e Flavia.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES