Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Migrar é un dereito difícil de exercer

Espiñeira Medín, Nieves - viernes, 10 de octubre de 2025
Pastoral Penitenciaria Diocesana de Mondoñedo Ferrol, quere convidar a presentación-inicio do curso 2025-2026. Será o próximo sábado día 11 na Parroquia San Paulo de Catabois - Ferrol. Celebraremos todos xuntos esta xornada. Acollida ás 10:00 . De 11:30 a 12:00 descanso / café.Finalizando ás 13:30. Contaremos coa presenza D. Fernando García Cadiñanos, Bispo da Diocese Mondoñedo Ferrol.

Pastoral Penitenciara que é?. Pastoral ven de Pastor. É actividadeorganizada da Igrexa Católica, para responder da mellor maneira as necesidades dos presos/presas, vítimas, familias e isto non é un capricho duns cantos maniáticos, sinón que é unha chamada de Xesús. Estiven no cárcere e viñéstesme ver. E San Paulo na carta aos Hebreos 13.3 "Doédevos como si vós mesmos estivésedes presos con eles".

Primeira parte: "Migrar un dereito difícil de exercer".
Somos unha sociedade plural, migrar é un dereito. Os nosos xovens tamén migran a Inglaterra, Alemaña, Suíza, Portugal etc... E por iso son delincuentes?. Non podemos xulgar pola cor da pel, cultura, relixión. O que si temos e que cambiar a mirada dos pensamentos e corazón. Cando unha persoa migra, deixa tras sí unha familia, cultura distinta, pero ten dereito buscar un mundo onde se poda facer proxectos de vida, igual que cada un de nós. O mundo e de todos, non é exclusivo de ninguén, aínda mais cando falamos das primeiras necesidades.

Segunda parte: "Unha desesperación que pode levar o cárcere".
A desesperación de non ser acollidos (traballo, comunidade, illamento, persecución, desconfianza, o problema da soidade e moigrande), pois todo isto pode e termina no cárcere. E seguímonos facendo a pregunta. Que faría Xesús hoxe, aquí, agora, neste lugar e nestas situacións?. ACOLLERIAÓS. Pois fagámonos sempre esta pregunta para non equivocarnos se realmente nos sentimos cristiáns, seguidores de Xesús. Que faría Xesús hoxe no meu lugar?.

Para falar de todo isto contamos con un especialista tanto da migración como da reclusión carcelaria: BRUNO GONZÁLEZ MAURIZ, que leva anos especializado nos temas da migración e rehabilitación social. Os seus puntos de vista, por estudo e compromiso na práctica resulta altamente esclarecedor. E apuntará a solucións concretas que non coñecíamos.

Nieves Espiñeira Medín, Delegada Diocesana Pastoral Penitenciaria, Diocese Mondoñedo Ferrol.
Espiñeira Medín, Nieves
Espiñeira Medín, Nieves


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES