Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 10 de octubre de 2025
Camiño da biblioteca

Camiño da biblioteca. Paro a tomar o café. Á biblioteca vou restituír, devolver un libro e coller outro. Aínda teño dous na casa; un a medio ler. Pero non vaia ser o demo que me quede sen lectura. Sería como se se acabase o mundo. Xa lle dei un sorbo ó café. Vou co segundo. Que carallo, alá vai o terceiro, e café tragado. Moi rápido e moi sinxelo.
Pingas de Orballo Estamos co veranciño de san Miguel. E si que se nota. Vai calor. Hai que andar pola sombra e... con gorra. Minto. O da gorra vén polo corte de pelo. Volvo mentir; de corte non ten nada. Foi unha tosquiada, unha rapada a conciencia. Seguro que por culpa do Atlético de Madrid, que por meterlle cinco goles ó Real Madrid, o meu fillo... ai si, vas saber do cabreo que teño encima! Colleu a máquina e deixoume como me deixou: practicamente ó 0. Hai que usar gorra para disimular.
Camiño da biblioteca. Aínda non cheguei a ela. Primeiro toca andar un pouco de can. Despois da devolución do libro, toca seguir de can para rematar facendo recados. O cometido dos xubilados é ese: facer recados e coidar dos netos. Como non teño netos... a facer recados! Ou encargas, que é o mesmo. De cando en vez é bonito adornar ou alongar a frase con algún sinónimo.
Camiño da biblioteca sigo coa música nos oídos. Agora mesmo soa o tema “Terror Birds”, de Harald Kloser, e que asoma na banda sonora de “10.000 a.C.”. Como xa tomei o café, como xa matei o tempo con contos sen xeito nin modo, sigo coa música camiño da biblioteca.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES