Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Meirás e Pambre

miércoles, 23 de septiembre de 2009
Os dous son monumentos ou, segundo a denominación legal, Bens de Interese Cultural. Eso quere dicir que, respectándose os dereitos da propiedade, tamén a comunidade ten algún tipo de dereito colectivo sobre uns monumentos que reflicten o paso dos séculos e foron testemuñas de acontementos históricos relevantes para o común deste país.

Meirás, que pertenceu á Condesa de Pardo Bazán, foi un discutido agasallo das xentes coruñesas ó Xeneral Franco, como recoñecemento ó seu labor e para que tivese un lugar digno como residencia temporal na súa terra.

Malia os avatares da política e o tempo transcurrido, non houbo nunca discusión -alomenos oficial- sobre a propiedade da fortaleza por parte da descendencia do Xeneral, á que por certo non lle sentou ben que a Comunidade galega acordase declarar Bic a súa propiedade. Porque ser propietario dun Bic leva consigo a obriga de abrilo ó público determinados días ó mes para que a colectividade poida disfrutar coa contemplación dunha peza histórica.

O Tribunal Superior de Galicia ven de rexeitar as últimas reclamacións da familia Franco en tal sentido, e o Bic deberá abrir ó público os días que corresponda. O mesmo ocorre coa fortaleza de Pambre onde o seu actual propietario se negou ata o de agora a que o público puidese acceder ó interior da histórica fortaleza.

Somos os galegos, por tradición, apegados ás nosas pequenas ou medianas propiedades. E toda a lexislación, o costume e as nosas querencias son respectuosas coa propiedade por encima de outras consideracións. Pero cando o posuído ten unhas características tan especiais como estes dous monumentos, os propietarios deben ser conscientes que tan alta posesión ten que levar consigo algunha mínima carga.
Tardarán, porque os subterfuxios utilizados para retrasar a apertura ó público son numerosos. Pero a historia, a razón e o sentido común acabarán impoñéndose, e Meirás e Pambre poderán ser contemplados por todos os galegos que o desexen.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania