Cómpre cultivalos
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 09 de octubre de 2025
Querendo ou sen querer, todos estamos inmersos nos problemas do momento: secularización, materialismo e politización.
Os avances dos últimos tempos, fan crer a moitas persoas que son capaces de realizarse coas súas propias forzas, cos seus coñecementos, coa súa valía, cos seus cartos, co seu poder...
CERTO QUE OS COÑECEMENTOS DAN ÁS
A adquisición de coñecementos dánnos ás para voar alto.
Pero tamén é ben certo que as persoas que máis saben son conscientes de que lles falta moito por aprender
Os coñecementos son moi necesarios, por eso cómpre cultivalos cada vez máis e mellor.
ADQUIRIMOS COÑECEMENTOS:
- NO VENTRE DA NOSA NAI.
Felices as premamás que poden levar un embarazo con tódolos coidados e con boa calidade de vida emocional.
Pobres aqueles casos que teñen unha vida moi dura cargada de problemas...
- NO FOGAR
Esa é a mellor escola onde se graban para sempre os principios que van a rexir a nosa vida.
-NA ESCOLA: primaria, secundaia, universtaria.
Estas capacítannos para exercer unha profesión para poder gañarnos a vida.
- NA VIDA SOCIAL, porque somos sociables por natureza.
Somos o que somos en relación cos outros.
Din que o mundo tamen ensina; pero mellor é ir cunha boa preparación no fogar e na escola.
- NA SAÚDE E TAMÉN NA ENFERMIDADE, sobre todo nesta última.
A enfermidade é unha situación de vulnerabilidade máxima na que se aprende a realidade dura da vida.
- A TÓDALAS IDADES E EN TÓDALAS CIRCUNSTANCIAS, porque o saber non ocupa lugar.
E, por moito que se saiba, sempre queda moito por aprender.
A SECULARIZACIÓN ENGANA ABONDO
Hai quen pensa que se alcanza máis liberdade, máis independencia, máis benestar, mellor calidade de vida...
Pero os resultados están sendo outros:
-Nin hai menos violencia nin mellor convivencia.
-Non hai máis humanidade nin máis felicidade.
-Non hai máis cariño nin imos por mellor cariño...
O MATERIALISMO TAMÉN NOS ENGANA
-Temos máis cousas e disfrutámolas menos.
-Cantos máis cartos temos, máis queremos ter.
-Somos máis ricos pero estamos máis deprimidos.
-Damos as costas a Deus pero non encontramos outra alternativa mellor.
-Queremos come-lo mundo e o mundo cómenos a nós...
A POLÍTICA AXUDA PERO TAMÉN ENFRONTA
A política en democracia é a mellor das fórmulas coñecidas ata o momento para organizarnos socialmente e acadar unhas cotas de benestar.
De feito axúdanos a organizarnos segundo unhas normas publicadas polos órganos de goberno para rexir os destinos dos países.
Pero aínda así, os países enfróntanse por un bocado de terra, por unha ideoloxía ou por outro motivo calquera.
Incluso dentro dun mesmo país enfronta en moitas oasións.
Tampouco é a fórmula perfecta.
O certo é que nesta vida nos hai nada perfecto.
PRECISAMOS CULTIVARNOS
Vemos con moita claridade os defectos dos demais.
-Vemos defectos nos proxenitores, aínda que fagan todo o que poden ou máis do que poden.
-Vemos defectos nos educadores e infravalorámolos; pero sen eles non habería nin médicos, nin sacerdotes, nin abogados, nin economistas, nin...
-Vemos defectos nos sanitarios; pero os doentes tampoco seguimos á perfección os seus consellos nin os valoremos tanto como se merecen.
-Vemos defectos na Igrexa Católica porque non valoramos os esforzos de tantas e tantas persoas que entregan a súas vidas por amor a Deus e ó próximo.
Non queremos seguir as súas ensinanzas porque nos di que hai que entrar pola "porta estreita".
¿A quen non lle gusta entrar pola porta ancha?
Se fixeramos caso ó que a Igrexa Católica nos manda, reinaría a paz, a fraternidade, o amor.
Amaríamonos uns ós outros como Deus nos ama e todo iría ben.
-Vemos defectos nos gobernantes porque cometen fallos que afectan a todos; pero ¿qué sería de nós sen eles?
Vemos defectos por todas partes.
E non nos decatamos de que ninguén é perfecto.
Todos temos limitacións aínda que non as vexamos.
Por eso debemos cultivar todos aqueles valores que nos ensinen a respectarnos e, sobre todo, a amarnos.
Se viramos o AMOR DE DEUS en toda a creación, seríamos máis felices.
"SERIAMOS MÁIS FELICES"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora