Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lanzarote (3)

Otero Canto, Xosé - viernes, 24 de octubre de 2025
Vulcano, o deus do inframundo dando golpes na súa incre de cobalto e petando cos seus martelos de metais imprecisos meteu carbón a esgalla e co sopro do barquín orixinou unha grande labarada, incendiouse o inframundo de súpeto e das forxas que entón había traballando saíron outros tantos volcáns orixinando explosións nos metais que había debaixo da terra e así naceu Lanzarote.
Perla moura traballada co lume dos deuses, imprecisa forma xurdida das súas quenturas e do amor fogoso dos seres do trasmundo que trataron de apagalo entre as augas do océano. Negro e branco son os seres que Lanzarote (3) se achan no medio dos azuis da auga e do ceo.
A negritude do inferno de lapas fixo a negritude dos teus adentros corpóreos de pedras mouras cortantes coma os coitelos da forxa de Vulcano. Illa espida, sen ningunha vestimenta que te acubille, núa entre o silencio; tan só auga e vento onde as nubes corren entolecidas e baixan polos seos das túas graciosas montañas, contornadas, asexadas, limpas, formando curvaturas no horizonte, quizais sexan seos de deusas do alén ou virxes durmidas entre os ventos alisios que os fregan e erosionan en apaxos necesarios ou quizabes nunha erótica complementaria.
Os seus seos déixanse acariñar e o vento foula entre a ledicia e a sabedoría.
Os pobos brancos ao lonxe colman o silencio e apáganse de calores reservados sempre ao branco.
Cardos e palmeiras son os teus habitantes primixenios cruzados por lagartos mouros enverdecidos, habitantes desérticos e compañeiros terrícolas do mouro.
Canto silencio! Que soidade te engasta en vento! Os estados da natureza orixinaria descóbrense en ti, prístina creación e inicio do mundo insectívoro.

Foto extraída da web Turismo Lanzarote
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES