Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lanzarote (2)

Otero Canto, Xosé - viernes, 17 de octubre de 2025
Lanzarote é Lanecelot, cabaleiro da Táboa Redonda, petrificado en illa para escapar e fuxir do rei Arturo e nas súas entrañas gardar o Santo Grial, tan cobizado polos seres humanos e galácticos. Arturo, grazas ás fadas e a Morgana soubo da infidelidade de Xenebra condenando a esta á fogueira e a arder para sempre nas profundidades de Lanzarote, onde os volcáns cospen pedras de amor e cinzas, froito deste adulterio entre Lancelot e Xenebra. Lanzarote (2) Este amor é tan apaixonado que a paixón faise chama que queima as pedras no ventre da terra onde as apertas se suceden aínda hoxe no Timanfaia ou montaña de fogo.
O amor foi tan forte e a querenza tan grande que os dous namorados removen as pedras e fúndenas nunha chama eterna saíndo polas súas bocas redondas da terra a chama de amor en linguas de lava, que os bicos e as apertas solidifican. O amor é un sentimento tan forte que pode queimar os mesmos adentros da terra e facer saír e emerxer ese amor que se moldea em illa, ese amor que nós cremos imposíbel e que se manifesta e queda a súa pegada para sempre en forma de illa na que as apertas están representadas na lava solidificada e os chuchos en cinza que se volve terra entre as pedras mouras que acampan por todo o territorio semellando a terra dunha anoitecida.

Foto extraída da web Turismo Lanzarote
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES