Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lanzarote (1)

Otero Canto, Xosé - viernes, 10 de octubre de 2025
Illa moura, nube seca apousentada onde as árbores non teñen morada nin a sabedoría do Edén esparexendo os seus froitos da abundancia. Esa nube acugulada de engurras enche a illa de pedras inzadas de rugosidades polos rancores que o deus superior na montaña de todos os deuses lle propiciou como reprimenda e sanción, por escaparse e ausentarse Lanzarote (1) neste Atlántico infindo combinando as mareas azuis coa inhóspita terra emerxida en illa moura.

Desa mourén quixo limpala despois concedéndolle uns ventos alisios soprando todo o ano cunha forza maligna e perversa, que como gadaña afiada, vai cortando alí onde empezan a rexurdir os signos vexetais que con forza queren emerxer da terra, manifestándose en cactos cheos de espiñas para que as criaturas non sexan quen de comelas e con depósitos de auga nos seus tecidos para poder botar man delas coa seca acusada entre as pedras mouras por días e días de calores e ventos extasiados entre a natureza exsangüe que quere un verdor que non lle deixan.

Foto extraída da web Turismo Lanzarote
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES