Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De María a Matria

Xiz, Xulio - jueves, 02 de octubre de 2025
De Mara a Matria O sábado estivo en Lugo, para recibir garimosa homenaxe, María Vázquez, a actriz galega que naceu en Vigo, viviu en Lugo, ten raíces en Carballedo, e vive en Chantada. E poidemos ver, de preto, a actriz nosa que leva por bandeira un encanto irrefrenable, un galeguismo irredento, un sorriso permanente.

Desde o primeiro momento en que lle comentamos que queríamos que viñese a Lugo para deixarnos pegada súa no Paseo do Cine, para ver como se pode ser grande e sinxela ao mesmo tempo e facer patria nas pantallas do noso mundo, foi a nosa amiga e estivo connosco.

María fai matria desta terra feminina e familiar; glorificando unba aparente perdedora que resulta ser unha "María das batallas", como unha nova María Pita; como tantas e tantas mulleres nosas, heroínas sen sabelo, que provocan feminismo irrefrenable en todos os que sexamos capaces de ver dentro delas e dentro de nós mesmos.

Facendo a súa bio-filmograría ata hoxe, que ten por diante medio século, moitas vidas, infinitas historias, Manuel Curiel marca eses dous puntos, agora mesmo definitorios, que comezan pola María menuda, viva, arrebatadora, e fai punto e seguido nesa Matria que nos conquista, nos eleva, nos conmove... libro que moi axiña, sendo verdade, quedará incompleto porque a cada imaxe -verso a verso- fará camiño ao andar, chegando moi lonxe.

No Paseo do Cine de Lugo, María Matria, María Vázquez, ten a súa placa en bronce, que nos lembra os seus ollos chispeantes, o seu sorriso, a súa cercanía... e que de novo demostra que as persoas verdadeiramente grandes son as que seguen a ser as mesmas, por moi lonxe, moi alto e moi forte que se sintan as súas pegadas.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES