O noso legado
Cachaza Platas, Mercedes - martes, 30 de septiembre de 2025
O noso paso por esta vida deixa un rastro, un legado, unha estela, unha pegada...
Ninguén pasa de incógnito.
Todos aportamos algo.
Algo a nivel individual e tamén a nivel colectivo.
A nivel individual son os nosos herdeiros os que herdan o que deixamos, débedas incluidas, se as houbera.
Se ben é importante o legado persoal, non é menos o legado colectivo.
LEGADO PERSOAL
Cando os que herdan son do sangue, ademais dos bens materiais levan incluida a xenética, os costumes, o modos de vida...
Na maioría dos casos consérvase como ouro en pano todo o froito do esforzo dos devanceiros e transmítense eses valores de xeración en xeración.
Cando os que herdan non son do sangue, non poden valorar tanto o legado recibido; pero para moitos supón unha boa axuda.
Non se trata só do legado material, tamén espiritual e relixioso.
LEGADO COLECTIVO
Se é importante o legado recibido a nivel persoal, non o é menos a nivel colectivo.
O LEGADO COLECTIVO DEFÍNENOS COMO POBO CON RELACIÓN A OUTROS POBOS DO MUNDO E A OUTRAS CIVILIZACIÓNS:
-Os principios que rixen a conviencia social.
-Os valores e principios morais.
-A organización colectiva.
-Os costumes.
-As tadicións.
-A lingua.
-A cultura.
-A relixión.
-O patrimonio artístico.
E moitas outras moitas cousas de valor incalculable.
POR ESO NOS PREOCUPA O FUTURO
Moitas persoas pregúntanse como será o futuro da xente nova porque estes tempos son moi incertos e non o teñen claro.
Moitas persoas procuran deixarlles cantos máis ben materiais mellor, para que non pasen necesidade económica.
Eso está moi ben; pero se descoidan os valores... malamente.
AFORTUNADAMENTE MOITAS PERSOAS OCÚPANSE DE EDÚCALOS EN VALORES; os bens materias xa virán por engadidura.
MOITAS PERSOAS EDUCAN EN VALORES TALES COMO:
-O ESFORZO.
-A HUMILDADE.
-XENEROSIADADE.
-A HONESTIDADE.
-A MODERACIÓN.
-A SOLIDARIEDADE.
-A COMPAIXÓN.
-A MAGNANIMIDADE.
-O PERDÓN.
-O AGRADECEMENTO.
-A FE.
A VIDA NECESITA PERSOAS CON VALORES
-PERSOAS QUE SE ESFORCEN para cumprir os deberes propios da idade.
-PERSOAS HUMILDES que non se sintan superiores a ninguén e vaian pola vida con sencillez e humildade.
-PERSOAS XENEROSAS que teñan un corazón moi grande e que non teñan apegos á materia.
-PERSOA HONESTAS que falen e actúen con sinceridade aínda que a veces non poidan decir toda a verdade.
Que prefiran non mentir, porque ó mentireiro non o cre ninguén.
-PERSOAS MODERADAS á hora de falar, de vestir, comer, de saber estar en sociedade.
-PERSOAS SOLIDARIAS que saiban poñerse no lugar dos outros para comprendelos e non censuralos.
-PERSOAS COMPASIVAS que saiban compadecerse das necesidades alleas e estean dispostas a botar unha man.
-PERSOAS MAGNÁNIMES cun gran corazón para amar porque o amor cura almas.
-PERSOAS QUE SAIBAN PERDOAR porque o perdón ten capacidade para pechar feridas.
-PERSOAS AGRADECIDAS porque ó longo da vida recibimos moitas bendicións.
-PERSOAS DE FE que crean en Deus como dono da vida e nelas mesmas como administradoras da mesma.
Estes e outros moitos valores deberían cultivarse en tódolos fogares para que deixara de preocuparnos o futuro dos que reciben o noso legado.
"CÓMPRE CULTIVALOS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora