Da madurez á nenez
Silva, Manuel - lunes, 06 de octubre de 2025
Ó cumprir os doce anos,
Voei do niño
No que meus pais me criaron.
Máis tarde percorrin moito mundo.
E, despois de tourear nunhas prazas
E de ser toureado noutras...
Agora,
Dende a miña madurez
-O mesmo que o touro,
Lacerado, vai ás taboas-
Volvo eu, ferido, á nenez.
Silva, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora