O fundador dos estaleiros Nécega foi Juan María Nécega Somoza. Constrúe as súas primeiras lanchas como carpinteiro de ribeira na rúa hoxe coñecida por Concello de Barreiros no ano 1916. Máis tarde trasládase ao almacén de Lola Fanego (nai de Jonny), na actual Avda. da Mariña (onde está hoxe Caixa Bank).
Este estaleiro sofre un novo cambio e é trasladado para o lugar chamado "A Fonte" (no seu día alí houbo unha fonte, de aí o seu nome) esa zona é onde hoxe está a piscina municipal.
Estaleiros Jesús Nécega
A construción da nova explanada portuaria en 1951, obrígao a desprazar de novo o estaleiro para "Folgueiras" onde prosegue a súa tarefa de construtor de barcos axudado polo seu fillo Juan Jesús Nécega Gallo que seguiría á perfección a obra de seu pai.
Os estaleiros Nécega convértense nun grande referente na construción de barcos para a pesca, proba diso é que chega a construír o barco máis grande do mundo feito en madeira, o "Berriz Gure Naia", para o País Vasco. 9 de abril de 1989. Compre destacar que estes estaleiros eran os únicos de Foz autorizados a construír barcos de máis de 60 toneladas.
O neto e fillo dos mestres carpinteiros de ribeira, Jesús Nécega Rodríguez, tamén queda na historia ao construír a primeira embarcación con folio de Lugo.
A embarcación con base no porto de Burela levaría o nome de "Troula".
Berriz Gure Naia, o barco más grande de España en madeira