Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A noite que vivín un Premio Planeta (II)

miércoles, 23 de septiembre de 2009
Faise o silencio, a Súa Alteza Real, o Príncipe de Asturias, camiña co paso firme acompañado polo entón president da Generalitat, Pasqual Maragall, e polo presidente do Grupo Planeta, o señor Lara; entre as personalidades da cultura, da empresa e das institucións de Catalunya e de España, máis de mil cincocentos invitados. Dona Letizia non pode asistir, razóns de embarazo. A intensidade da iluminación baixa ata deixarnos case a escuras, case cegos, as pantallas ilumínanse cos nomes dos finalistas da 55ª edición e das súas obras, oito deles agachados baixo seudónimo, “Las hijas del César” de Pablo Núñez a peito descuberto. Dúas familias lucenses comezamos a soñar.
Votacións, algúns imos caendo, mais é unha honra ter no peto unha morea de votos e pasar a fronteira de dúas cribas asasinas; votos de ouro que non chegan para alcanzar aos elixidos, pero si para encherme de ledicia, sei moi ben quen emitiu eses votos e non son calquera. Entón chegou a tranquilidade, á fin podo respirar sen que me doia o aire, saio uns intres e atopo unha recompensa máis, saúdo a Juan Antonio Samaranch, todo un símbolo para os amantes do deporte e do olimpismo. Xamais esquecerei ese cruce de camiños co que a deusa do destino quixo agasallarme.
De novo silencio, soamente queda unha etapa para chegar á meta, a decisión definitiva, finalista ou gañadora? Sabemos que Cosimo Herrera é o nome de batalla de Marta; a presentadora abre o sobre na presenza do xurado. Cantos quedan agora, cinco, sete? Como era isto? Nunha décima de segundo pensamos que ela gañara, xa iamos saltar berrando coma tolos e eu xa non era capaz de separar os ollos da pantalla xigante. Deus, Marta Rivera de la Cruz, finalista do Premio Planeta de Novela!Grandioso!
Chegan os discursos e a entrega do Premio, os dous novos deuses do Olimpo literario falan das súas novelas, Marta case coas bágoas nas meixelas, e Álvaro Pombo, ou Cat Stevens, convencido de que el ía gañar, ía sobrado o tipo. E logo das roldas de prensa, nas dúas da madrugada, o emotivo encontro entre dous lucenses que compartiron un soño e non se coñecían ata aquela noite de Santa Tareixa a mil e pico quilómetros da casa, de Ribanova para ela, de Lucus Augusti para min.
Hai varios San Froiláns, máis a miña xente, vós, seguides a preguntar: e ti, que dirías dende alí arriba? Pois penso que pagaría a novatada e falaría de todo menos da miña novela, falaría da miña nena, da familia, dos compañeiros da Xunta, e por suposto da miña cidade, Lugo, e da miña terra, Galiza. Tal vez non sería o axeitado, máis era o que impulsaba o meu corazón.
Nese corazón que segue a recibir o voso apoio e o voso agarimo, que máis se pode pedir!

Pablo Núñez
www.pablonunezgonzalez.com


Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES