Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O apagón que aluma o Ulla (ou non)

Santalla, Iago - miércoles, 01 de octubre de 2025
Parece que a macrocelulosa de Altri en Palas non é viable (segundo a compañía) se o goberno non inviste nunha subestación eléctrica que permita enganchar as instalacións. Sen esta instalación e o acceso a 220 KW de enerxía o proxecto é inviable, segundo Altri.

A primeira emoción que xorde é a ledicia co desexo de esquecer para sempre o triste nome. Cando un lee vencida a compañía, trae á memoria a mastexuosidade de Pambre e as augas limpas de Mácara e divisa unha craridade inmensa que segue ceibe no tránsito da historia. Ceibe, alumada por un apagón no que van xeracións de vida que ergueron e legaron o paraíso.

Por outra parte, ese "ou non" é porque sei ben o que custou traer a electricidade ao rural, a precariedade coa que chegou e os traballos que supoñía estar días sen luz. Por iso agardo que o apagón non chegue á veciñanza e alume un paraíso que ten o amor de quen o habita.

Agardo que, de novo, ordene un pobo que encheu dous Obradoiros en Compostela contra a soberbia de quen o tachou de analfabeto.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES