Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 30 de septiembre de 2025
O Gorxas

Esperando a que empece o partido de fútbol. Mentres, lembro as noites da aldea nas que se vía como se puña o sol. Os días que estaban nubrados, que tan só se intuía que se estaba a poñer o sol, non pasaba nada. Era no momento en que se vía como o sol se deitaba por detrás do outeiro, cando si pasaba algo: de cando en cando, uns berros estremecían ós poucos habitantes da aldea. Tan poucos que se contaban cos dedos dunha man: cinco, xusto os cinco.
Os berros saían da gorxa de Nicanor Guede Brandín, O Gorxas. O alcume xa se entende de onde lle vén. Nicanor naceu así. Mesmo o propio día que viu a luz, os seus choros consistían en simples berros separados uns dos outros por exactamente un minuto. Cando mamaba das tetas de súa nai, a cada minuto soltaba a mamila na que estivese ocupado para lanzar aquel berro que semellaba máis un alarido.
Segundo medrou ou creceu, a voz tamén se lle tornou máis grave e os seus bramidos cada vez arrepiaban máis. E menos mal que foi a partir do dez anos cando os seus berros se producían xusto á posta do sol. O de menos mal vai polo de non berrar durante todo o día, aínda que, agora, coa voz cada vez máis grave, a noite era un calvario para eses poucos veciños. Porque o intervalo seguía a ser o mesmo: cada minuto xusto.
O Gorxas era bo home, pero máis dun deses cinco veciños preferirían, non que morrese, pero polo menos que emigrase ou que o recluísen nunha residencia. Agora, mentres eles seguen aguantando, eu dispóñome a ver o partido.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES