Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crise de autoridade

martes, 22 de septiembre de 2009
Ándase razonando sobre a posibilidade de darlle ós mestres o status de autoridade pública, e a Comunidade de Madrid prepara unha “Ley de autoridad del profesor” que agardan veña solucionar os gravísimos problemas que están plantexados no mundo do ensino.

Pero o problema non é só do ensino, senón que hai unha crise de autoridade en toda a nosa sociedade, comezando pola familia, pasando polo mundo da educación ata chegar á convivencia pública.

Todo o que non empece na familia serán parches para remediar o aparentemente irremediable. Porque de nada vale darlle autoridade a un profesor diante dos alumnos se os pais son os primeiros en non respectar esa autoridade, e en non refrendala cando se plantea calquera conflicto.

Dun tempo de autoritarismo educativo no que se formaron todos os españois maiores de corenta anos, pasouse a unha total permisividade onde moitos profesores sofren a acción de alumnos ingobernables, os resultados da formación ofrecen niveis preocupantes e a conciencia de que a situación ten que cambiar tense afianzado de xeito definitivo nos últimos tempos.

Claro que estamos en crise. E a crise económica, opinan moitos, non é máis ca unha manifestación -aspecto ben importante por certo- da crise xeral de valores, da sociedade, de todos nós.

O problema comeza na familia e desde aí abarca todo. Cando sexamos capaces de reorganizarnos, de deixar de querer ser uns imposibles colegas, e exerzamos a autoridade como pais, os rapaces estarán afeitos a respectar a autoridade. Tamén dos mestres. Especialmente dos mestres. A crise non está no ensino, ou non somente no ensino. A crise está en todos nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania