Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os misteriosos medos da noite ennegrecida

Otero Canto, Xosé - viernes, 03 de octubre de 2025
Os aires, no ir e vir das pólas das árbores, que de inverno, corredoira arriba, corredoira abaixo, pasan xemendo e os misteriosos medos sempre crebando o silencio das mortas follas, que caendo dos eidos dos que naceron son como navalladas silentes que na tanxente cortan a noite e fan codias mouras das franxas que se abaten cortadas entre a nacenza e a mortalidade da mesma noite.

Badaladas ao lonxe dunha campá que resoa medidas en ecos que traspasan e resóns que atribulan nos oídos, como rezos que veñen do profundo, aterecendo as ánimas e suspirando ladaíñas cheas de pregarias envolventes das que o ar en círculos fai celtismo inxente e o mesmo moucho voando entre o frus-frus das súas ás agoreiras de tristura e bufando ao vento coma o tren que pita na anoitecida un longo "ulular", que se chanta nos miolos e creba os sons que do silencio fan batida.

O moucho revoa no camposanto como un morto sen cadaleito buscando outra vez o furado do que se levantou na noite entristecida. Un ruxir misterioso atropelado de ánimas que se escorrentan coas badaladas salteadas ferindo o cemiterio alongado de nichos, fosas e sepulturas incertas da noite ennegrecida.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES